O Partido Reformista Estoniano (en estoniano: Eesti Reformierakond) é un partido político liberal de Estonia.Kuklys (2014), p. 101Bakke (2010), pp. 78–79 O partido está dirixido por Kristen Michal desde 2024. Coñécese coloquialmente como o "Partido dos Esquíos" (en estoniano: Oravapartei) ou como "os Esquíos" (en estoniano: oravad), facendo referencia ao seu logotipo.
Foi fundado en 1994 por Siim Kallas, entón presidente do Banco de Estonia,Oskolhov (2020), p. 6 como unha escisión da Coalición Nacional Pro Patria. Dado que o Partido Reformista participou na maioría das coalicións gobernamentais de Estonia desde mediados da década de 1990, a súa influencia foi significativa, especialmente no que respecta ás políticas de libre mercado e baixos impostos de Estonia a partir da influencia de Milton Friedman e Friedrich Hayek. Porén, baixo o liderado de Kristen Michal, foi cualificado nos medios de comunicación como liberal de dereitas e Michal autoidentificouse recentemente coa mesma etiqueta. Outros deputados do partido tamén se afilian abertamente á etiqueta como descritor da ideoloxía do partido.
O partido é membro de pleno dereito da Internacional Liberal desde 1996, despois de ser membro observador entre 1994 e 1996, e membro de pleno dereito da Alianza de Liberais e Demócratas por Europa (ALDE). Os líderes do Partido Reformista Siim Kallas, Taavi Rõivas, Andrus Ansip, Kaja Kallas e Kristen Michal exerceron como primeiros ministros de Estonia. Desde o 11 de marzo de 2025, o partido é o membro máis relevantes nun goberno de coalición con Estonia 200.
Historia O Partido Reformista Estoniano fundouse o 18 de novembro de 1994,Bugajski (2002), p. 64 unindo o Partido Reformista –unha escisión da Coalición Nacional Pro Patria (RKEI)– e o Partido Liberal Democrático Estoniano (ELDP). O novo partido, que contaba con 710 membros na súa fundación, estaba dirixido por Siim Kallas, que fora presidente do Banco de Estonia. Kallas non era visto como asociado co goberno de Mart Laar e xeralmente era considerado un gobernador competente do banco central, tras supervisar a exitosa introdución da coroa estoniana.Nørgaard (1999), p. 75 O partido estableceu lazos co Partido Democrático Libre de Alemaña, o Partido Popular Liberal de Suecia, o Partido Popular Sueco de Finlandia e coa Vía Letoa.
Dirixentes
Siim Kallas esquerda|miniatura|138x138px|Siim Kallas. Siim Kallas foi líder do Partido Reformista de 1994 a 2004. Foi primeiro ministro de Estonia de 2002 a 2003. Nas primeiras eleccións parlamentarias do partido en marzo de 1995, gañou 19 escanos, catapultándoo ao segundo lugar, por detrás do Partido da Coalición Nacional Pro Patria. Tiit Vähi intentou negociar unha coalición co Partido Reformista, pero as conversas fracasaron ao debaterse os temas refereidos á política económica, pois o Partido Reformista opúñase ás subvencións agrícolas e apoiaba o mantemento do imposto sobre a renda a tipo fixo en Estonia. Aínda que o Partido da Coalición formou un novo goberno co Partido do Centro ao principio, un escándalo de gravacións que involucraba ao líder do Partido do Centro, Edgar Savisaar, levou ao Partido Reformista a substituír o Partido do Centro na coalición de goberno en novembro de 1995.Europa Publications (1998), p. 336 Kallas foi nomeado Ministro de Asuntos Exteriores, con outros cinco membros do Partido Reformista máis dentro do no gabinete. En novembro de 1996, o Partido Reformista deixou o goberno despois de que o Partido da Coalición asinase un acordo de cooperación co Partido do Centro sen os consultar.
Nas eleccións de 1999, o Partido Reformista perdeu un escano, quedando en 18, conseguindo o terceiro posto por detrás do Partido de Centro e a conservadora Unión Pro Patria.Bugajski (2002), p. 52 Os reformistas formaron unha coalición de centro-dereita coa Unión Pro Patria e os Moderados, con Mart Laar como primeiro ministro e Siim Kallas como ministro de Facenda, e con Toomas Savi de volta como presidente da Cámara.Bugajski (2002), p. 52 Aínda que a coalición estaba centrada na adhesión á UE e á OTAN, o Partido Reformista cumpriu con éxito a súa promesa de abolir o imposto de sociedades, un dos seus logros máis destacados.Berglund et al (2004), p 67 Despois das eleccións municipais de outubro de 1999, os tres partidos replicaron a súa alianza na alcaldía de Talín.Bugajski (2002), p. 53
Tamén participou en diferentes gobernos: dende marzo de 1999 até decembro de 2001, nun goberno tripartito coa Unión Pro Patria e os Moderados do Partido Popular; de xaneiro de 2002 até marzo de 2003, co Partido de Centro Estoniano; de marzo de 2003 até marzo de 2005, con Res Publica e Unión Popular; de marzo de 2005 até marzo de 2007, co Partido de Centro e Unión Popular; de marzo de 2007 até maio de 2009, coa Unión Pro Patria, Res Publica e o Partido Socialdemócrata e, apartir de maio de 2009, con Unión Pro Patria e Res Publica. esquerda|miniatura|146x146px|Andrus Ansip
Andrus Ansip Andrus Ansip, for alcalde de Tartu dende agosto de 1998 e revalidou o cargo nas eleccións municipais de 1999 e 2003. Foi primeiro ministro de Estonia dende abril de 2005 ata marzo de 2014. Formou un segundo goberno tralas eleccións parlamentarias de 2007, cando o partido obtivo 31 dos 101 escanos no Riigikogu, recibindo 153.040 votos (o 28 % do total), logrando un aumento do 10 %, o que resultou nunha ganancia neta de 12 escanos. Volveu ter un terceiro goberno despois das eleccións parlamentarias de 2011.esquerda|miniatura|148x148px|Taavi Rõivas. Taavi Rõivas Trala dimisión de Andrus Ansip, instalouse un novo gabinete o 24 de marzo de 2014, con Taavi Rõivas como primeiro ministro en coalición co Partido Socialdemócrata (SDE). Baixo o seu mando, nas eleccións europeas de 2014, celebradas o 25 de maio de 2014, o Partido Reformista obtivo o 24,3 % dos votos nacionais, obtendo dous eurodeputados.
Nas eleccións parlamentarias de 2015, celebradas o 1 de marzo de 2015, o Partido Reformista recibiu o 27,7 % dos votos e 30 escanos no Riigikogu. Formou unha coalición co Partido Socialdemócrata, Pro Patria e Res Publica Union. En novembro de 2016, a coalición dividiuse debido a loitas internas. Tralas conversas de coalición, formouse unha nova coalición entre o Partido do Centro, o SDE e o IRL, mentres que o Partido Reformista quedou na oposición por primeira vez desde 1999. Posteriormente, Rõivas renunciou como presidente do partido.esquerda|miniatura|116x116px|Kaja Kallas. Hanno Pevkur O 7 de xaneiro de 2017, Hanno Pevkur foi elixido novo presidente do Partido Reformista. A dirección de Pevkur estivo dividida desde o principio e enfrontouse a críticas crecentes ata finais de ano. O 13 de decembro de 2017, Pevkur anunciou que non se presentaría á presidencia a partir de xaneiro de 2018.
Kaja Kallas Kaja Kallas foi elixida líder do partido o 14 de abril de 2018. Baixo o liderado de Kallas durante as eleccións de 2019, o Partido Reformista obtivo o seu mellor resultado electoral ata a data, cun 28,8 % dos votos e 34 escanos, aínda que inicialmente non formou goberno e permaneceu na oposición ao segundo goberno de Ratas.
En xaneiro de 2021, tras a dimisión de Jüri Ratas como primeiro ministro, Kallas formou un goberno de coalición liderado polo Partido Reformista co Partido de Centro Estoniano. Non obstante, o 3 de xuño de 2022, Kallas destituíu os sete ministros afiliados ao Partido de Centro, e se mantivo nun goberno minoritario até que creou unha nova coalición con Isamaa e SDE como socios minoritarios o 8 de xullo. esquerda|miniatura|132x132px|Kristen Michal Nas eleccións parlamentarias de 2023, o Partido Reformista mellorou o seu resultado electoral de 2019, cun 31,2 % dos votos e 37 escanos. O 7 de marzo de 2023, o partido iniciou negociacións de coalición co novo partido Estonia 200 e o SDE. O 7 de abril chegouse a un acordo de coalición entre os tres partidos, que asignaba sete escanos ministeriais ao Partido Reformista, asinándose oficialmente o 10 de abril. O 17 de abril, o terceiro goberno de Kallas tomou posesión do cargo.
Kirsten Michal O 29 de xuño de 2024, Kristen Michal foi nomeado polo Partido Reformista para substituír a Kaja Kallas como primeira ministra tras o nomeamento desta última como Alta Representante da Unión para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade da Unión Europea. O 10 de marzo de 2025, Kristen Michal anunciou unha "remodelación gobernamental" e expulsou os socialdemócratas da coalición e, o día seguinte, pediu ao presidente que destituíse aos ministros do partido. A razón era que pretendía mover o resto da coalición cara á dereita e eliminar varias subidas de impostos e salarios.
Ideoloxía O Partido Reformista de Estonia foi descrito, no espectro político, como de centro, centro-dereitaDuvold & Berglund e Ekman (2020), p. 72 ou, directamente, como dereita.Keudel-Kaiser (2014), p. 115 Dende o punto de vista da súa orientación ideolóxica, declárase como liberal,Kuklys (2014), p. 101Bakke (2010), pp. 78-79Derbyshire & Derbyshire (2016), p. 377 liberal clásico,Close & Delwit (2019), p. 295. e liberal conservador.Purju (2003), p. 20Duvold (2017), p. 132
Ideoloxicamente, o partido defendeu sistematicamente o liberalismo de mercado.Berglund et al (2004), p. 67 O Partido Reformista é o partido máis liberal, no eido económico, no panorama político de Estonia, e entre as súas propostas destacaban:
Apoiar un tipo impositivo de sociedades do 0 % sobre os beneficios reinvestidos e busca eliminar o imposto sobre dividendos. Reducir o tipo impositivo fixo do 22 % (en 2007) ao 18 % para 2011. Debido á crise económica, a campaña para reducir o tipo do imposto sobre a renda suspendeuse, o que resultou nun tipo do 21 % en 2008 e 2009. O partido opúxose a aumentar o tipo xeral do IVE ata finais da primavera de 2009, pero cambiou a súa postura á luz da grave crise económica e da necesidade de atopar máis fondos para o orzamento. O IVE aumentou do 18 % ao 20 % o 1 de xullo de 2009. O partido quere que a materia aprendida durante o servizo militar obrigatorio se inclúa no currículo de defensa nacional no ensino secundario.
Apoios políticos O partido está apoiado predominantemente por profesionais urbanos novos e ben formados. A diferenza do Partido do Centro, que ten un atractivo desproporcionado entre a minoría rusa, e da Unión pola Patria e a Res Publica, que goza dun apoio abafador dos estonianos étnicos, o Partido Reformista atrae votos en proporcións aproximadamente iguais de tódolos grupos de poboación.Berglund et al (2004), p. 65 A base de votantes do Partido Reformista está fortemente urbanizada; aínda que recibe só unha quinta parte do seu apoio de Talín, recibe o triplo de votos doutras cidades, a pesar de que estas cidades representan menos do 40 % do electorado total.
O seu perfil de votantes é significativamente máis novo que a media,Kulik & Pshizova (2005), p. 153 mentres que os seus votantes teñen unha boa formación, coa taxa de abandono escolar máis baixa de calquera partido. Na súa afiliación hai máis presenza masculina ca en calquera outro partidoKulik & Pshizova (2005), p. 151 mais, con todo, recibe máis apoio das votantes feminias que a media Os votantes do Partido Reformista tamén tenden a ter ingresos máis altos, cun 43 % dos votantes do Partido Reformista procedentes do 30 % superior de todos os votantes por ingresos.
Organización Dende decembro de 1988, o Partido Reformista é membro de pleno dereito do Grupo da Alianza de Liberais e Demócratas por Europa (anteriormente Partido Liberal Demócrata e Reformista Europeo, ELDR). No Parlamento Europeo, os eurodeputados Andrus Ansip e Urmas Paetsits formaron parte do grupo ALDE na Asemblea. A partir de 2019, coa disolución deste, paso a formar parte do novo grupo Anovar Europa.
O Partido Reformista é membro de pleno dereito da Internacional Liberal desde 1996, despois de ser membro observador de 1994 a 1996.