Karl Genrikhovich Vaino, (en ; alias Kirill Voinov)Romuald J. Misuanas ja Rein Taagepera, Years of Dependence. p. 198 ("Käbin's successor Karl Vaino (born in Tomsk, Siberia) initially came to Estonia in 1947, apparently carrying the Russian name Kirill Voinov") nado en Tomsk, na Unión Soviética, o 28 de maio de 1923, e finado en Moscova, Rusia, o 12 de febreiro de 2022, foi un político soviético de etnia estoniana nado en Rusia. Entre 1978 e 1988 foi o primeiro secretario do Partido Comunista da República Socialista Soviética de Estonia.
Traxectoria Karl Vaino naceu en 1923 e criouse na cidade de Tomsk, en Siberia, daquela parte da Rusia soviética. O seu pai, Heinrich Vaino (1889–1965), foi un activo bolxevique estoniano que se trasladou a Siberia en 1918, trala derrota bolxevique na Guerra de independencia de Estonia (1918–1920). A súa nai, Liidia de solteira Savi, era filla de inmigrantes estonianos que se asentaran en Siberia a comezos do século XX.
Logo de graduarse no que hoxe é a Universidade Estatal de Transporte de Omsk en 1947, Vaino trasladouse a Estonia e comezou a traballar en empregos técnicos e de enxeñaría no sistema ferroviario. Ese mesmo ano afiliouse ao Partido Comunista da Unión Soviética (PCUS). Entre 1948 e 1953, desempeñou o cargo de secretario do Comité Rexional do Partido Comunista en Talín. Durante as décadas de 1960 e 1970, tamén foi secretario do Comité Central do Partido Comunista da RSS de Estonia. En 1957, graduouse na Esola Superior do Partido por correspondencia.
Líder da RSS de Estonia Logo da súa xuventude en Rusia, Vaino era falante nativo de ruso. No dominaba ben o estoniano e falábao cun marcado acento ruso. Por esta razón, era alcumado «iestonio». O 26 de xullo de 1978, o daquela Primeiro Secretario durante 28 anos, Johannes Käbin, considerado demasiado moderado para a política de rusificación en curso durante a Era do Estancamento, foi obrigado a renunciar e foi substituído por Vaino.
Como Primeiro Secretario, Vaino gañou a reputación de ser un rusificador extremo. Cunha actitude desdeñosa cara a lingua e a cultura estonianas, non gozaba de popularidade entre a poboación local. Adoitaba pronunciar os seus discursos públicos principalmente en ruso, cunha excepción salientable durante o 350º aniversario da Universidade Estatal de Tartu, onde deu premios a traballadores universitarios falando en estoniano, aínda que cun forte acento ruso. En 1979, sufriu un intento marrado de atentado contra a súa vida.
Derrumbe A comezos de 1988, o Partido Comunista da RSS de Estonia dividiuse entre comunistas nacionalistas e internacionalistas. Vaino lideraba estes últimos, mentres que os primeiros estaban encabezados polo embaixador soviético en Nicaragua, Vaino Väljas. Ao ser considerado demasiado conservador pola elite de Moscova, logo de case dez anos no cargo, Vaino foi obrigado a dimitir o 16 de xuño de 1988 e foi substituído por Väljas.
Posteriormente, Vaino trasladouse a Moscova, onde viviu dende entón. Nunca volveu visitar Estonia.
Vida privada A súa filla, Eleonora Kochetova, é nora do escritor soviético Vsevolod Kochetov, e o seu fillo Eduard ocupa o cargo de vicepresidente de Relacións Exteriores en AvtoVAZ. Tiña dous netos: o político ruso Antón Vaino e o funcionario do Ministerio do Interior ruso Andréi Vaino.
Pasamento O 19 de febreiro de 2022 anunciouse que Vaino falecera o 12 de febreiro, á idade de 98 anos. Foi enterrado o 14 de febreiro no Cemiterio Conmemorativo Militar Federal.
Notas
Categoría:Nados en 1923 Categoría:Políticos da Unión Soviética Categoría:Finados en 2022 Categoría:Políticos de Estonia