Quarantine the Past: The Best of Pavement é un álbum recompilatorio lanzado por Pavement o 8 de marzo de 2010, coincidindo coa reunión da banda. O título do recompilatorio fai referencia a unha letra da canción de 1994 "Gold Soundz", que é o primeiro tema que aparece no recompilatorio.
Antecedentes O 5 de xaneiro de 2010 Matador Records anunciou que unha recompilación de grandes éxitos titulada Quarantine the Past: The Best of Pavement sairía á venda o 9 de marzo en CD e dobre LP. A recompilación contería 23 cancións de toda a carreira de Pavement, incluíndo "os sons rabuñentos e misteriosos dos seus primeiros lanzamentos só en vinilo ata a calidez rica e chea de matices das súas gravacións finais". A publicación do blog sinalaba que "aínda que a recompilación non inclúe ningún material inédito, afonda moito máis alá dos éxitos". No mesmo anuncio tamén se revelou a portada da recompilación e anunciouse un concurso para adiviñar a orde das cancións do álbum (agás a primeira, que xa se revelara que era o sinxelo da banda de 1994 "Gold Soundz"), no que o gañador vería un concerto de reunión de Pavement no Central Park Summerstage. Ademais, o gañador da "lista de cancións máis imaxinativa" (escollida pola banda) vería a súa listaxe de cancións impresa nunha versión dobre LP de edición limitada de Quarantine the Past do Record Store Day. O 25 de xaneiro Matador anunciou a listaxe correcta de cancións do álbum e o gañador do concurso.
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:Álbums de Pavement Categoría:Recompilatorios de 2010 Categoría:Álbums de Matador Records Categoría:Álbums de Domino Records