Maggie O'Farrell, nada en Coleraine o 27 de maio de 1972, é unha novelista británica natural de Irlanda do Norte.
Obra As novelas de O'Farrell, incluída a gañadora do premio Costa The Hand that First Held Mine, recibiron eloxios xeneralizados da crítica. O seu traballo foi traducido a máis de 30 idiomas.
O seu libro de memorias de 2017, traducida co título I Am, I Am, I Am: Seventeen Brushes with Death, trata sobre unha serie de experiencias próximas á morte que lle afectaron a ela e aos seus fillos. Tras as súas memorias, publicou dúas novelas históricas, Hamnet (2020), que narra a vida da familia de Shakespeare e The Marriage Portrait (2022) sobre Lucrezia, a terceira filla do gran duque Cosimo de Medici e a Italia renacentista.
Notas
Categoría:Profesores da Universidade de Warwick Categoría:Nados en 1972 Categoría:Escritores de Irlanda do Norte Categoría:Nados en Irlanda do Norte