Jessie Noelle Buckley, nada en Killarney o 28 de decembro de 1989, é unha actriz, cantante e compositora irlandesa. Gañadora dun Premio Laurence Olivier, un premio BAFTA, un Globo de Ouro e un Óscar. En 2019, foi recoñecida pola revista Forbes na súa lista anual 30 Under 30, e en 2020, foi incluída no número 38 na lista do diario The Irish Times dentro dos mellores actores irlandeses de cine de todos os tempos.

Traxectoria A súa carreira comezou en 2008 como concursante nun programa de talentos da BBC titulado I'd Do Anything, no que ocupou o segundo lugar. Despois de participar en papeis teatrais, suspendeu a súa carreira profesional para estudar na Real Academia de Arte Dramática, onde se graduou en 2013.

En 2016, Buckley apareceu en catro series de televisión da BBC. Dende entón, protagonizou as películas Beast (2017) e Wild Rose (2018), polas cales recibiu eloxios da crítica e un nomeamento ao Premio BAFTA á mellor actriz nun papel principal por este último e The Lost Daughter (2021), pola que foi nomeada a mellor actriz de repartición na 94ª edición dos Premios Óscar pola súa interpretación de Leda. En 2026, grazas a Hamnet (2025) recibiu o recoñecemento gañando o Premio Óscar á mellor actriz e o Premio Globo de Ouro á mellor actriz - Drama

Notas

Categoría:Óscar á mellor actriz Categoría:Nados en 1989 Categoría:Nados no condado de Kerry Categoría:Actores de Irlanda