Estefanía Molina Morales, nada en Igualada o 23 de decembro de 1991, é unha analista política, escritora e xornalista española.

Traxectoria Estudou secundaria no Instituto Pere Vives i Vich da súa cidade natal e posteriormente licenciouse en Xornalismo e Ciencias Políticas na Universidade Pompeu Fabra. Comezou a súa carreira traballando como correspondente en Madrid do diario dixital catalán El Nacional e na actualidade é analista política en programas de televisión e radio como El Suplement de Catalunya Ràdio, La noche en 24h, Aquí, amb Josep Cuní de SER Catalunya ou Al rojo vivo de La Sexta. Tamén escribe regularmente no xornal El País.

Obras En maio de 2021 publicou o libro El berrinche político, análise da política en España entre 2015 y 2020. En 2026 publica Los hijos de los boomers: de la muerte de la clase media al auge de una generación antisistema (Destino) onde "fai unha alegación pola clase media en declive e avoga por unha resolución das diferenzas interxeracionais que beneficiaría a toda a sociedade e afastaría os extremismos".

Notas

Categoría:Alumnos da Universidade Aberta de Cataluña Categoría:Alumnos da Universidade Pompeu Fabra Categoría:Xornalistas de Cataluña Categoría:Nados en 1991 Categoría:Nados en Igualada