A torre de Quirosno é un pazo situado no concello galego de Nigrán. Foi construída en 1938 polo arquitecto Emilio Salgado Urtiaga, discípulo de Antonio Palacios, e que fora alcalde de Vigo entre 1934 e 1935.
Na propiedade habitaron persoeiros coma o cineasta Jaime de Armiñán e o seu pai, ou Isaac Fraga Penedo, magnate dos Cines Fraga.
Arquitectura O pazo consta de aproximadamente uns 322 metros cadrados, 11 habitacións, dous andares e unha torre de planta cadrada. Está construída en seixo e ten un estilo rexionalista.
Posúe tamén varios elementos característicos como son os contrafortes nos ángulos e os remates ameados das fachadas.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Nigrán Categoría:Casas de Galicia Categoría:Nigrán sen imaxes