O golfo de Shelikhov (en ruso: залив Шелихова; zaliv Shélijova) é un grande entrante na parte setentrional do mar de Okhotsk, que separa a parte continental de Rusia da península de Kamchatka. Ten dous brazos principais: a baía do Guízhiga, ao oeste; e a baía do Pénzhina, ao leste.

Este golfo leva o seu nome en honra do explorador e comerciante ruso Grigory Shelikhov, que foi quen fundou en 1784 o primeiro asentamento ruso en América (en illa Kodiak, na entón América rusa).

Xeografía O golfo ten unha lonxitude de 650 km, cunha anchura na boca de 130 km (entre o cabo Tolstói e cabo Yuzhny) e unha anchura máxima de 300 km, e ten unha profundidade máxima de 350 m.

As augas do golfo permanecen conxeladas desde decembro a maio. No golfo hai mareas moi marcadas, alcanzándose na baía do Pénzhina un valor de 12,9 m.

A baía é rica en recursos pesqueiros.

O golfo de Shélijov non debe confundirse coa moito máis pequena baía de Shelikhov (Bujta Shélijova, 50.37N, 155.62E), sita tamén no mar de Okhotsk na costa noroeste da illa de Paramushir.

Véxase tamén Ligazóns externas Koryakia Location

Categoría:Xeografía de Rusia Categoría:Golfos e baías Categoría:Océano Pacífico