Vicente de Andrade Nunes de Oliveira, nado en Trofa o 20 de xuño de 2004, é un futbolista profesional portugués. Xoga como defensa central no Celta de Vigo Fortuna, o filial do Real Club Celta de Vigo que na tempada 2025-26 compite no grupo primeiro da Primeira Federación. Traxectoria Vicente de Andrade é fillo do arquitecto portugués José Carlos Nunes de Oliveira, un dos arquitectos responsábeis do deseño do Halo, o miradoiro e ascensor que conecta a avenida de García Barbón coa estación de Vigo-Urzaiz.

Vicente de Andrade formouse nas categorías inferiores do fútbol portugués antes de iniciar a súa carreira profesional. Na tempada 2024–25 fichou polo Celta de Vigo Fortuna procedente do Rio Ave FC, e asinou contrato co club galego ata xuño de 2026.

Fixo o seu debut co Celta Fortuna na Primeira Federación, onde se consolidou como defensa no eixo da defensa. Na tempada 2025–26 sufriu unha lesión de gravidade que o mantivo fóra varios meses por mor da rotura do ligamento cruzado anterior do seu xeonllo dereito, que supuxo unha baixa prolongada para o futbolista e unha baixa significativa para a defensa do filial.

Notas

Categoría:Nados en 2004 Categoría:Futbolistas de Portugal Categoría:Nados no distrito do Porto Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Xogadores do Rio Ave FC Categoría:Xogadores do Celta de Vigo B Categoría:Defensas de fútbol