O Óscar ao mellor castng (Academy Award for Achievement in Casting) é un premio entregado pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas como parte dos premios Óscar. Presentouse por primeira vez como unha categoría independente, en 2026 na 98ª edición, o que elevou a 24 o número total de categorías competitivas dos Óscar.
Antes do establecemento do premio, só un director de casting, Lynn Stalmaster, recibira un premio honorífico.
Historia Os directores de casting procuraban desde polo menos o final da década de 1990 un recoñecemento nos Óscar. Unha proposta similar foi considerada en 1999, mais foi rexeitada. En xullo de 2013 a Academia creo a Casting Directors Branch, que tivo un importante papel na posta en marcha do premio.
O 8 de febreiro de 2024, a Academia anunciou a creación da nova categoría, afirmando:
O CEO da academia Bill Kramer e a presidenta Janet Yang destacaron o fito, mentres que as directoras do Casting Directors Branch Richard Hicks, Kim Taylor-Coleman e Debra Zane destacárono como un mérito do colectivo.
Gañadores
Notas
Véxase tamén
Casting Categoría:Listas de arte e cultura