Demetrio II de Macedonia () foi fillo de Antígono II Gónatas, rei de Macedonia e Fila, e sucedeu ao seu pai no ano -239. Era neto de emetrio Poliorcetes.

Traxectoria No ano -266 ou -265, Xustino di que se distinguiu ao derrotar a Alexandre II de Epiro, que invadira o reino de Macedonia, pero moitos historiadores cren que era demasiado novo (uns 12 anos). Casou con Estratonice, filla de Antíoco I Sóter.

Reinou durante 10 anos. Probabelmente ao comezo do seu reinado, Olimpia, viúva de Alexandre II de Epiro, buscando a súa alianza, deulle a súa filla Ftia en matrimonio, pero Demetrio non impediu a morte de Olimpia nin dos seus dous fillos nin fixo nada para vingala. A súa esposa Estratonice estaba moi descontenta con este segundo matrimonio, abandonouno e regresou a Siria, segundo Polibio.

Tivo boas relacións cos tiranos das cidades do Peloponeso que se opoñían á Liga Aquea. Despois entrou en guerra coa Liga Etolia pola posesión de Acarnania e aliouse cos aqueos, conseguindo algúns éxitos parciais. Nesta guerra tivo como aliados aos beocios e a Agrón, rei de Iliria.

Sufriu unha gran derrota a mans dos dárdanos na fronteira noroeste, que lle causaron grandes perdas, pero non se sabe en que período do seu reinado ocorreu. Morreu no ano -229 e sucedeuno Antígono III Dosón, segundo Pompeio Trogo e Tito LivioDemetrius II en: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. I. Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 965..

Notas

Categoría:Reis de Macedonia Categoría:Nados en -269 Categoría:Finados en -229