Chueca é unha zona do barrio de Justicia, no distrito Centro da cidade española de Madrid. Carece de entidade administrativa. Recibe o seu nome da praza de Chueca e da estación de metro de Chueca, ambas dedicadas ao compositor Federico Chueca. Limita ao norte coa rúa de Fernando VI, ao sur coa Gran Vía, ao leste coa rúa del Barquillo e ao oeste coas rúas de Hortaleza e Fuencarral.El Barrio de Chueca Todo sobre Madrid A finais do século XX, converteuse no barrio da comunidade gai de Madrid.

Na década de 1980, algúns dos primeiros establecementos dirixidos á comunidade LGBTIQ+ de Madrid abriron na zona (Café Figueroa, Black & White, Sachas e a libraría Berkana), e gradualmente transformouse dun espazo marxinalizado no carácter aberto e cosmopolita que lle valeu ao barrio recoñecemento internacional polo seu atractivo cultural, sen perder parte do seu encanto tradicional orixinal.«Ana Botella amenaza con sacar el Orgullo Gay de Chueca» Público. Consultado el 1 de xuño de 2012

Comercialmente, o barrio era coñecido polas súas tendas de equipos de son ("Calle del Barquillo, Calle del Sonido") e as súas tendas outlet de calzado (rúa Augusto Figuero), aínda que a xentrificación reduciu o número deste tipo de tendas.

A zona tamén inclúe a praza del Rey e a praza de Pedro Zerolo. Un dos maiores eventos turísticos anuais de Chueca é a celebración do Orgullo Gai, que se celebra todos os anos a principios do verán.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Gaixample

Categoría:Barrios de Madrid Categoría:LGBTIQ+