Andrii Yuriiovych Chekotun (en ucraíno: Андрій Юрійович Чекотун), nado en Vinnytsia o 2 de setembro de 2002, é un futbolista ucraíno que xoga na posición de gardameta.

Traxectoria Tras iniciarse nunha escola de fútbol local, en 2016 Chekotun ingresou nas categorías inferiores do FC Shakhtar Donetsk. Posteriormente completou a súa formación no Colexio Olímpico Piddubny e no FC Olimpik Donetsk. En setembro de 2018 foi seleccionado polo Olimpik para xogar nas categorías xuvenís da Premier Liha. En decembro de 2019 foi promovido ao primeiro equipo. O 5 de xullo de 2020 debutou na máxima categoría ucraína como titular nun partido perante o SC Dnipro-1.

No ano 2021, Chekotun fichou polo AFC Eskilstuna da Superettan, a segunda división do fútbol sueco. En xaneiro de 2022 trasladouse a Galicia e en xullo dese ano pasou a formar parte do Coruxo Fútbol Club da Segunda Federación. Tras dúas tempadas como suplente de Alberto Domínguez no club vigués, o 7 de agosto de 2024 anunciouse a fichaxe de Chekotun pola Unión Deportiva Ibiza da Primeira Federación. Permaneceu unha tempada no club balear e foi terceiro porteiro do equipo, tras Ramón Juan e Javier Belman.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Andrii Chekotun Perfil na Asociación Ucraína de Fútbol Andrii Chekotun Perfil en LaPreferente.com

Categoría:Nados en 2002 Categoría:Nados en Vinnytsia Categoría:Futbolistas de Ucraína Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Xogadores do Coruxo FC Categoría:Xogadores da UD Ibiza-Eivissa