A Mancomunidade Reserva de las Lagunas de Villafáfila é unha agrupación voluntaria de concellos para a xestión en común de determinados servizos de competencia municipal, creada por varios concellos na provincia de Zamora, da comunidade autónoma de Castela e León, España.
Concellos integrados
A mancomunidade Reserva de las Lagunas de Villafáfila está formada polos seguintes concellos:
Cañizo Cerecinos de Campos Manganeses de la Lampreana Revellinos San Agustín del Pozo San Martín de Valderaduey Tapioles Villafáfila Villalba de la Lampreana Villárdiga Villarrín de Campos
Sede
Os órganos de Goberno e Administración terán a súa Sede na localidade de Villafáfila.
Fins
Mediar onte as institucións Autonómica, Nacional e Europea co fin de conseguir fondos para xestionar as seguintes competencias:
Protección Civil. Prevención e Extinción de Incendios. Ordenación, xestión, execución e disciplina urbanística. Parques e xardíns; pavimentación e conservación de vías e camiños. Promoción e xestión de vivendas. Medio Ambiente; xestión de montes e espazos naturais. Actividades Clasificadas. Saúde pública e sanidade. Iluminación pública. Transporte público. Turismo e tempo libre. Colaboración coa administración educativa na creación, construción e mantemento de centros docentes públicos e na escolarización. Cemiterios e servizos funerarios.
Estrutura orgánica
O goberno, administración e representación da Mancomunidade corresponden aos seguintes órganos:
Presidente. Vicepresidente. Asemblea de Concelleiros. Consello Directivo.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Provincia de Zamora
Ligazóns externas
Mancomunidades da web da Deputación de Zamora
Categoría:Mancomunidades da provincia de Zamora