A Mancomunidade Tierra del Vino é unha agrupación voluntaria de concellos para a xestión en común de determinados servizos de competencia municipal, creada por varios concellos na provincia de Zamora, da comunidade autónoma de Castela e León, España.​​​​

Ten personalidade xurídica propia, ademais da consideración de entidade local. Engloba unha poboación de case 5.000 habitantes diseminados en diferentes núcleos de poboación da comarca de Tierra del Vino.

Concellos integrados

A mancomunidade de Tierra del Vino está formada polos seguintes concellos:

Arcenillas Cabañas de Sayago Casaseca de Campeán Casaseca de las Chanas Cazurra Corrales del Vino El Cubo del Vino Cuelgamures Entrala Fuentespreadas Gema Jambrina Madridanos Mayalde Moraleja del Vino Morales del Vino Peleagonzalo Peleas de Abajo El Perdigón El Piñero Santa Clara de Avedillo Sanzoles Venialbo Villalazán Villanueva de Campeán Villaralbo

Sede

Os órganos de goberno e administración terán a súa sede no concello que elixa o consello da mancomunidade para cada lexislatura, polo voto favorable da maioría absoluta legal dos membros do consello da mancomunidade. Na actual lexislatura é Corrales del Vino.

Fins

Tierra del Vino, conforme aos seus estatutos sociais, ten recoñecidos os seguintes fins:​

Será fin primeiro e constitutivo da mancomunidade, a prestación do servizo de recollida, transporte, vertedura e tratamento de residuos sólidos urbanos. Ademais serán fins da mancomunidade os que se enumeran a continuación, previo acordo favorable dos plenos dos concellos integrantes da mancomunidade, por maioría absoluta legal dos mesmos, a proposta exclusiva do consello da mesma:

Protección do medio ambiente e, en xeral, conservación da natureza. Protección civil. Prevención e extinción de incendios. Protección da salubridade pública. Participación na xestión da atención primaria da saúde. Servizos sociais e de promoción e reinserción social. Ordenación, xestión, execución e disciplina urbanística. Pavimentación de vías públicas urbanas. Conservación de camiños e vías rurais. Parques e xardíns. Creación, mantemento e conservación de instalacións e redes de subministración e evacuación, cloración e saneamento. Creación, mantemento e conservación de iluminación pública. Asistencia técnica e administrativa. Recadación de recursos económicos. Fomento do turismo e creación das correspondentes infraestruturas. Fomento do sector agrícola, vinícola, gandeiro e forestal. Promoción, fomento e desenvolvemento da cultura. Promoción, fomento e desenvolvemento do deporte. Servizo de matadoiro.

Estrutura orgánica

O goberno, administración e representación da mancomunidade corresponde aos seguintes órganos: presidente, consello da mancomunidade e comisión de goberno.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Provincia de Zamora

Ligazóns externas

Mancomunidades da web da Deputación de Zamora

Categoría:Mancomunidades da provincia de Zamora