Amaia é un nome propio feminino galego de orixe vasca.

En xaneiro de 2023 existían 165 mulleres en Galicia co nome Amaia, cunha media de idade de 13,6 anos.Nome Amaia na web do Instituto Galego de Estatística

Orixe e significado O nome difundiuse coa publicación do libro Amaya o los vascos en el siglo VIII, escrito por Francisco Navarro Villoslada en 1879. É o nome de dúas personaxes, unha é a cristiá Amaia, filla de Lorea, descendente de Aitor, e do visigodo Ranimiro; a outra é filla de Usua, outro descendente de Aitor, e de Lartaun de Butroe, unha pagá ao comezo da novela, que adopta o nome de Konstanze ao converterse ao cristianismo.

O seu significado é claro: «fin».Justin Cord Hayes, The Terrible Meanings of Names (2013), p. 14.Patrick Hanks, Dictionary of American Family Names (2003), p. 32. É un nome feminino popular nas últimas décadas. Por exemplo, foi o cuarto nome feminino máis frecuente entre as nadas en Navarra en 2002 e 2003. Estadísticas de onomástica en Navarra, Instituto de Estadística de Navarra, 2012-07-22an kontsultatua.

Amaia noutras linguas Castelán: Amaya Éuscaro: Amaia

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lista de nomes femininos en galego Lista de nomes femininos galegos máis comúns Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes femininos Real Academia Galega

Categoría:Nomes femininos vascos Categoría:Nomes femininos galegos