BULEGO é un grupo musical en éuscaro creado no ano 2020 en Azkoitia (Guipúscoa). O grupo traballou ao longo da súa traxectoria un pop luminoso e bailable, combinándoo con elementos de synthpop e música electrónica. A súa proposta artística baséase no compromiso co éuscaro, nas melodías pegadizas e na exaltación dos momentos da vida. Dende a publicación do seu primeiro EP en 2020, amais do País Vasco, acadaron repercusión internacional, xa que actuaron en escenarios de renome en numerosos países.

Membros do grupo

Formación actual Tom Lizarazu – voz e guitarra Xabier Arrieta – batería Ruben Lizarralde – guitarra Elba Azpillaga – teclados Antigos membros Jontxu Ape – baixo Itziar Beitia – teclados Je – baixo Ivan Requejo – teclados

Traxectoria

Comezos (2020) BULEGO creouse en 2020 en Azkoitia (Guipúscoa), creando un grupo de cinco membros. Ás portas da pandemia da COVID-19, ofreceron o seu primeiro directo no centro internacional de cultura contemporánea Tabakalera de Donostia, e durante o confinamento lanzaron o seu primeiro EP, BULEGO (2020). Deste EP formaba parte o primeiro sinxelo, Hegan, co que acadaron chegar ao público vasco e aos medios de comunicación, xa que chegou a ocupar o primeiro posto do Top Gaztea da emisora Gaztea.

No contexto do confinamento, o desexo de facer fronte á imposibilidade de ofrecer actuacións en directo a banda organizou o primeiro concerto pospandemia de Euskal Herria en Azkoitia, localidade natal dos seus compoñentes. Baixo o nome de Herria Berpizten, e creando normas de seguridade pioneiras, ofreceron esta actuación en 2020.

A finais do mesmo ano, publicaron o seu segundo EP (Ilun dagoen arren), composto por tres cancións. Nese mesmo 2020, tendo en conta o impacto emocional e social da pandemia nas persoas maiores, o grupo organizou unha xira especial por distintas residencias de maiores de Euskal Herria. Dende o comezo, froito do traballo e da creatividade ininterrompida, BULEGO comezou a captar a atención tanto dos oíntes como dos medios de comunicación.

Erdian Oraina (2021–2023)

thumb|300px|esquerda|upright|BULEGO na praia de Zurriola de Donostia, no Jazzaldia 2025

No seguinte ano, en 2021, publicouse o primeiro álbum de estudo de BULEGO: Erdian Oraina. O disco xira arredor da importancia do presente i está cheo de colaboracións significativas .

Para presentar este traballo, ofreceron un Silent Concert nun escaparate da Gran Vía de Bilbao, onde tanto seguidores como persoas alleas ao grupo puideron escoitar o disco por primeira vez. Así mesmo, para dar comezo á xira Erdian Oraina, ofreceron un concerto especial en Tabakalera de Donostia, cun escenario de 360 graos. Baixo o nome de Erdian Oraina Tour, ofreceron numerosos concertos (Jimmy Jazz, Atabal, Zentral, Kafe Antzokia, BBK, EHZ, Ura Bere Bidean…), e tamén tocaron fóra de Euskal Herria, con actuacións polo Estado, como en Madrid e Barcelona. Amais, rachando fronteiras, levaron o seu proxecto até Finlandia, onde ofreceron a súa primeira xira internacional . A finais de 2022, o equipo sufriu un cambio de formación; dos membros iniciais actualmente seguen Xabi, Tom e Ruben.

Aínda que en 2022 non publicaron ningún álbum de estudo, viron a luz dous sinxelos e un disco en directo: Suzko Erroberak, Irulegiko Esku —este derradeiro en referencia ao descubrimento histórico da Man de Irulegi— e Gure Bizitzako Lehen Bira, respectivamente. Xunto con este derradeiro disco, tamén lanzaron un documental que, así como indica o seu nome, reflectía a primeira xira do fato.

Durante os anos 2022–2023, BULEGO seguiu ofrecendo concertos. A comezos de ano levou a cabo a Gaztetxetako Bira, e ao longo do verán a banda tivo unha moi boa acollida en varias prazas (Sagüés, Azpeitia, Arrigorriaga, Zarautz, Sitges…). Cómpre destacar que en outubro de 2023 BULEGO chegou até Xapón, onde ofreceu varios concertos no marco do Japan Tour. Unha vez alí, gravaron o documental Bulego Japonian en colaboración con EITB .

Por remate de ano, para pechar a xira, ofreceron unha serie de concertos en Madrid, Barcelona e no Kafe Antzokia de Bilbao, onde actuaron durante dous días seguidos.

Aldatu aurretik (2023)

thumb|300px|dereita|upright|O concerto da banda no Palacio Euskalduna de Bilbao, en novembro de 2025

No ano 2023 publicaron o seu segundo álbum de estudo, Aldatu Aurretik. Trátase dun traballo conceptual, co cambio como tema central, que propón unha viaxe de 10 cancións. O disco tivo unha gran repercusión: foi nomeado pola Academia da Música Española como mellor álbum do ano , e tamén ofreceron unha actuación nos concertos de Radio 3 .

Para presentar o álbum, en primeiro lugar, a finais de 2023, ofreceron sesións íntimas baixo o nome de Aurkezpen Akustikoa nalgúns cafés, bibliotecas e bares de Euskal Herria (Donostia, Pamplona, Azkoitia…). Con posterioridade, en 2024, comeza a xira Aldatu Aurretik Tour en Bruxelas e París. No País Vasco, o traballo presentouse no Auditorio Kursaal de Donostia. Outras paradas destacadas da xira foron: Lisboa, Santiago de Compostela, Baiona, Barcelona, Pamplona, Vitoria e Madrid.

Pasaron o verán de praza en praza en Euskal Herria (Donostia, Bilbao, Barakaldo, Mutriku, Hiriburu, Igorre, Galdakao…) e participaron en varios festivais, entre eles: Sonorama Ribera, MUWI , Fair Saturday e Irun Zuzenean. Pecharon o ano 2024 cunha serie de concertos denominados Urteko Azkenak en Azpeitia, Orereta, Basauri, Viana e Tafalla; esgotáronse todas as entradas para estes concertos .

2024-2025

thumb|300px|esquerda|upright|BULEGO nas festas de Gasteiz, en agosto de 2025

Na Durangoko Azoka de 2024, BULEGO publicou o sinxelo Gure Bihotzaren Taupadak , creado en colaboración con Euskaraldia. Cómpre destacar que, despois das badaladas do 31 de decembro, BULEGO deu comezo ao ano 2025 con esta canción da man de EITB .

En 2025, superando de novo fronteiras, BULEGO adentrouse no USA Tour, ofrecendo concertos en San Francisco, Boise, Bakersfield e Chino . De volta ao País Vasco, retomaron o Aldatu Aurretik Tour na sala Santana 27 de Bilbao .

En 2025, BULEGO publicou o sinxelo Noizbait, que rende homenaxe á banda vasca emblemática Ken Zazpi. O verán dese ano estivo cheo de concertos, como os de Hatortxu Rock, Amorebieta, os San Fermíns de Pamplona , as festas de Vitoria-Gasteiz , Azkoitia ou o Jazzaldia de Donostia , xuntando neste último máis de 30.000 persoas na praia da Zurriola .

Así mesmo, a finais de 2024, deron a coñecer a nova de que non ofrecerán concertos en 2026 . Porén, os membros do fato insisten en que non será unha despedida, xa que o tempo que pasarán fóra dos escenarios adicaráno á creación e a preparar a súa volta en 2027 . Neste senso, anunciaron algúns dos últimos concertos especiais para finais de 2025, denominados Aldatu Aurretik Bira Amaiera: na Palacio Baluarte de Pamplona e no Palacio Euskalduna de Bilbao, ofrecendo neste último tres actuacións .

Discografía

thumb|300px|dereita|upright|A actuación da banda no Palacio Euskalduna de Bilbao, en novembro de 2025

EPs BULEGO (2020) No seu primeiro EP (Hegan, Zuen Alboan, etc.) traballan as relacións persoais e os momentos da vida a través dun pop luminoso. A canción Hegan chegou ao número 1 da lista Top Gaztea da emisora Gaztea.

Ilun Dagoen Arren (2020) O segundo EP segue a definir o carácter plural do fato, mesturando o pop luminoso (Kantu bat) con baladas emotivas (Gure Izarrak).

Álbums Erdian Oraina (2021) Primeiro disco longo, álbum conceptual centrado na importancia do presente. Producido p]]or Eñaut Gaztañaga, o disco abordou novos estilos: samplers, percusión electrónica e sintetizadores (Ezer ez da berdina, Bueltan da!!!).

Aldatu Aurretik (2023) Aldatu Aurretik é o segundo traballo de estudo de BULEGO. Este traballo conceptual propón unha viaxe de 10 cancións co cambio como tema central. O grupo aposta por un pop directo e cheo de contido, i enche o disco con colaboracións especiais que combinan éuscaro, catalán e castelán: artistas como Zea Mays, Oreka TX, Ede e Ginestà, entre outros, participan nel. O eixo do disco é unha reflexión arredor do cambio, e canción a canción convida a quen escoita a emprender unha viaxe interior. En palabras do cantante Tomas Lizarazu, a principal inspiración das letras foi a súa paternidade, tomando como punto de partida as emocións e reflexións que esa vivencia persoal lle espertou. Porén, o disco pode resultar significativo para calquera persoa: “o disco está escrito para quen se atope afrontando cambios na vida, xa que todas e todos estamos en constante transformación”.

Discos en directo e sinxelos Suzko Erroberak (2022) - sinxelo. Gure Bizitzako Lehen Bira (2022) - disco en directo. Irulegiko Esku (2022) - sinxelo, en referencia ao descubrimento histórico da Man de Irulegi. Gure Bihotzaren Taupadak (2024) - sinxelo, creado en colaboración con Euskaraldia. Noizbait (2025) - sinxelo, homenaxe á banda Ken Zazpi.

Iniciativas especiais

thumb|300px|esquerda|upright|O público na actuación das festas de Gasteiz de 2025

BULEGO, amais da súa traxectoria musical, levou a cabo diversos proxectos singulares e experimentais, en formatos audiovisuais e conceptuais, reivindicando que a música vai máis alá. Herria Berpizten (2020) O 20 de xuño de 2020 BULEGO ofreceu o primeiro concerto en Euskal Herria tras a pandemia no frontón Oteiza de Azkoitia. Este concerto, titulado Herria Berpizten, converteuse nun fito, ao ser a primeira iniciativa realizada nun espazo aberto cun formato adaptado ás novas medidas de seguridade. Seguindo un protocolo sanitario creado especialmente para a ocasión, a seguridade e a saúde situáronse no centro, e o obxectivo principal foi dar un novo pulo á cultura. Xira polas residencias de persoas maiores (2020) Tendo en conta o impacto emocional e social que a pandemia tivo nas persoas maiores, o grupo organizou unha xira especial por varios asilos de Euskal Herria. A través da música, o seu obxectivo foi paliar a soidade e estreitar lazos coas persoas maiores. Silent Concert – Gran Vía de Bilbao (2021) Para promover o lanzamento do disco Erdian Oraina, o 3 de decembro de 2021 ofreceron un concerto silencioso especial na Gran Vía de Bilbao, no escaparate da sala BBK. Os veciños tiveron a oportunidade de escoitar por primeira vez o disco completo mediante auriculares, na propia rúa, nun formato alternativo e orixinal. A iniciativa foi un modo innovador de presentar a música que xerou unha grande atención. Concerto 360° en Tabakalera (2021) A xira de presentación do disco Erdian Oraina comezou cun concerto especial en Tabakalera de Donostia, cun escenario de 360 graos que rodeaba completamente o público e xuntaba a experiencia sensorial coa musical. O concerto completo pódese ver en YouTube: Tabakalera 360° kontzertua. Gure bizitzako lehen bira – Documental (2022) Documentaron a primeira xira en directo do grupo nun traballo audiovisual. O documental amosa non só a forza dos directos de BULEGO, senón tamén a súa filosofía de traballo, as relacións dentro do fato e a conexión cos seguidores. Dispoñible en YouTube: Gure bizitzako lehen bira (Dokumentala). Bulego Japonian – Documental (2024) Co obxectivo de levar a música en éuscaro ao mundo, BULEGO viaxou ao Xapón en 2024. O documental recolle concertos, a estadía e a experiencia intercultural da banda no Xapón. O documental está dispoñible na plataforma Primeran e tamén en YouTube: Bulego Japonian.

thumb|300px|dereita|upright|BULEGO nas festas de Gasteiz, en xullo de 2025

Características e influencia BULEGO non é só un grupo musical: é un proxecto artístico integral que conten música, contido audiovisual, comunicación a través das redes sociais e unha estética moi coidada. A través de Instagram, TikTok e outras plataformas, achéganse a oíntes de todas as idades.