Alberto Conejero López, nado en Vilches (Xaén) o 8 de xullo de 1978, é un dramaturgo e poeta español.

Biografía Conejero licenciouse en Dirección de Escena e Dramaturxia pola Real Escuela Superior de Arte Dramática de Madrid e é doutor en Ciencias das Relixións pola Universidade Complutense de Madrid. Exerceu como profesor de dramaturxia na Escola Superior de Arte Dramático de Valladolid e desenvolve o seu labor como dramaturgo, director de escena e tradutor teatral.

En 2020 foi nomeado director artístico do Festival de Otoño da Comunidade de Madrid.

Obra A súa obra foi estreada e representada en cidades como Madrid, Bos Aires, Londres, Montevideo, Moscova ou Atenas. Foi traducido ao inglés, francés, italiano, grego, húngaro e portugués.

A súa obra reflicte unha preocupación pola memoria colectiva e a representación de voces socialmente invisibilizadas, como se pode apreciar en títulos como La piedra oscura, La geometría del trigo ou Los días de la nieve, onde recupera figuras históricas e experiencias persoais para explorar temas universais como o amor, a guerra, a identidade e a lembranza.

A representación de ''El mar: visión de unos niños que no lo han visto nunca'' foi cancelada polo Concello de Briviesca (Burgos) en 2023 poucos días antes da súa representación na vila. A obra, verbo do mestre Antoni Benaiges —fusilado en 1936 polas súas ideas republicanas—, xa levaba meses de xira e máis de setenta funcións sen contratempos. A cancelación explociuse oficialmente por “motivos orzamentarios”, pero chegou nun contexto político en que o consistorio estaba gobernado polo Partido Popular con apoio de Vox e Ciudadanos, o que xerou polémica sobre unha posible censura por motivos ideolóxicos. Malia a suspensión, ese mesmo día distintos grupos da sociedade civil reuníronse para facer unha lectura pública do texto da obra no lugar e hora previstos.

Teatro

Húngaros (2000) ¿Cómo puedo no ser Montgomery Clift? (2010, rev. 2020) Ushuaia (2013) La extraña muerte de una cupletista contada por su perro (2014) La piedra oscura (2014). Premio Max ao mellor texto teatral e catro premios Max ao espectáculo en 2015. Ao redor da figura de Rafael Rodríguez Rapún, futbolista, actor e soldado republicano. Todas las noches de un día (2015) Los días de la nieve (2017) La geometría del trigo (2018) El sueño de la vida (2019), versión de Comedia sin título de Federico García Lorca El mar: visión de unos niños que no lo han visto nunca (2022) En mitad de tanto fuego (2023) Leonora (2024) Laurencia (2025) Tres noches en ítaca (2026)

A súa produción teatral foi recollida parcialmente no volume Teatro 2010-2015, publicado pola editorial Antígona, cun prólogo de José Sanchis Sinisterra, que inclúe tamén a obra inédita La melancolía de las jirafas.

Narrativa xuvenil

El libro loco del Quijote (2005) El beso de Aquiles (2006)

Poesía

Si descubres un incendio (2016) En esta casa (2020)

Adaptacións e reescrituras Realizou dramaturxias e versións contemporáneas de textos clásicos e modernos, entre eles Macbeth e A tempestade de William Shakespeare, Rinconete y Cortadillo (Cervantes) Amor de Don Perlimplín con Belisa en su jardín (García Lorca), a Odisea (Homero) ou Fuenteovejuna (Lope de Vega). En 2019 estreou El sueño de la vida, a partir do primeiro acto, o único conservado, da Comedia sin título de Federico García Lorca.

Premios e recoñecementos

Premio Max á mellor autoría teatral por La piedra oscura (2016) Premio Ceres de Teatro por La piedra oscura (2015) Premio Nacional de Literatura Dramática por La geometría del trigo (2019)

Ligazóns externas Perfil de Instagram: Alberto Conejero López

Notas

Categoría:Dramaturgos de España Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Escritores LGTB de España Categoría:Nados na provincia de Xaén Categoría:Nados en 1978