Hélder Moutinho (nado como Hélder António Moutinho Paiva dos Santos en Oeiras, o 21 de febreiro de 1969) é un fadista e poeta portugués.
O seu primeiro álbum, Sete fados e alguns cantos, foi publicado en 1999. O segundo traballo discográfico, Luz de Lisboa (2004), recibiu en 2005 o Premio Amália Rodrigues. En 2008 editou o seu terceiro álbum, Que Fado é Este Que Trago.
Realizou actuacións en escenarios internacionais, desde Corea do Sur ata os Estados Unidos, e dende os países bálticos ata Francia. Actuou no Louisiana Museum of Modern Art en Humlebæk (Dinamarca) e no Concertgebouw de Ámsterdam. En xaneiro de 2010 actuou durante sete días consecutivos no Half Note Jazz Club de Atenas, ademais de participar en festivais en Bath e Kíiv.
Discografía 1999: Sete fados e alguns cantos 2004: Luz de Lisboa 2008: Que Fado é Este Que Trago 2013: 1987 2016: O Manual do Coração
Véxase tamén
Ligazóns externas
Hélder Moutinho en AllMusic Hélder Moutinho no Museu do Fado (portugués / inglés)
Categoría:Nados en 1969 Categoría:Cantantes de Portugal