Marcelino Román Paz, nado en Xermade o 4 de agosto de 1900 e finado en México, foi un mecánico e político galego.
Traxectoria
Chofer e mecánico. Estivo emigrado en Cuba. Traballou na empresa Transportes Barquet en Vilanova i la Geltrú durante seis anos. Membro da UGT e afiliado ao PSUC. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi delegado de Transportes da Generalitat de Cataluña dende o 25 de marzo de 1937 ao 18 de xaneiro de 1939, cando se incorporou ao exército republicano no 25 Batallón do V Corpo do exército participando nas operacións militares do Segre e a retirada de Cataluña. Coa caída de Cataluña exiliose en Francia cruzando a fronteira por Port-Bou o 9 de febreiro de 1939. Estivo internado nos campos de concentración de Argelès sur Mer e Bram desde o que solicitou axuda á Embaixada de México en Francia. O 24 de maio de 1939 embarcou no Sinaia rumbo a México, arribando a Veracruz o 13 de xuño.Asilados políticos españoles llegados a bordo del vapor Sinaia Vida persoal
Casou en Cidade de México con Pilar Sada Suárez en 1943.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas [https://praza.gal/movementos-sociais/mexico-enriqueceuse-moito-coa-chegada-dos-exiliados-republicanos "México enriqueceuse moito coa chegada dos exiliados republicanos"
Categoría:Galegos de Cuba
Categoría:Políticos do PSUC Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de México Categoría:Nados en Xermade Categoría:Nados en 1900 Categoría:Finados en ano descoñecido