Quintín Testa Ventosela, nado en Ourense o 11 de novembro de 1911 e finado en Cidade de México o 12 de decembro de 1994, foi un ebanista, militar e político galego.

Traxectoria Fillo de Germán Testa Novoa e Rosario Ventosela Cid. Ebanista e carpinteiro. En 1927 trasladouse a Bilbao onde traballou nas empresas Gogebola e Aranzabal. En 1932 incorporouse á UGT de Bilbao. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estaba traballando en Villarcayo onde foi detido e trasladado á prisión de Burgos, da que saíu para incorporarse á Lexión no Rexemento de Villarrobledo. Resultou ferido en Peña Lemona o 11 de outubro de 1936. Cando se recuperou volveu ao seu Rexemento no que permaneceu ata o 18 de xullo de 1937 cando pasou á zona leal por Quintanilla de las Peñas. Afiliouse ao PSOE ese mesmo mes e incorporouse ao exército republicano formando parte do 235 Batallón. Combateu nas frontes de Cabezón de la Sal, Oviedo e Xixón co grao de tenente de Infantería, volvendo resultar ferido en Asturias o 24 de setembro de 1937, sendo evacuado á zona republicana de Cataluña onde prestou servizos auxiliares nunha prisión de Barcelona. Coa caída de Cataluña exiliouse en Francia cruzando a fronteira por La Jonquera o 28 de xaneiro de 1939. Estivo internado no Centro de Refugiados Españoles de Montolieu desde o que escribiu á Embaixada de México en Francia o 16 de marzo solicitando axuda. O 24 de maio de 1939 embarcou no Sinaia rumbo a México, arribando a Veracruz o 13 de xuño.Asilados políticos españoles llegados a bordo del vapor Sinaia Instalouse en Cidade de México onde traballou en Vulcano Construcciones Mecánicas. Tivo que deixar o traballo por enfermidade derivada das feridas recibidas durante a guerra.

Vida persoal

Casou con Elena Carnicer Marín, con quen se exiliou en México.Ficha na Fundación Pablo Iglesias Elena finou en 1952 e volveu casar con Alicia Domínguez Morlan.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas "México enriqueceuse moito coa chegada dos exiliados republicanos"

Categoría:Militares de Galicia Categoría:Políticos do PSOE

Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de México

Categoría:Nados en Ourense

Categoría:Nados en 1911 Categoría:Finados en 1994