Lino Rodríguez Madero, nado en Pontevedra o 9 de agosto de 1919 e finado na Coruña o 25 de xaneiro de 1979, foi un político galego.
Traxectoria Cara a 1934 empezou a traballar no Banco Hispano Americano e fixo estudos de profesor mercantil. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 presentouse como voluntario na Mariña e prestou servizos no cruceiro Navarra. En 1941 gañou as oposicións de intendente do Ministerio de Facenda. Estivo destinado nas delegacións de Facenda de Ourense, Santander e A Coruña. Foi elixido presidente da Deputación da Coruña en 1974. Foi nomeado procurador en Cortes en 1975. Cesou como presidente da Deputación en 1977. Finou na Coruña o 25 de xaneiro de 1979.La Voz de Galicia, 26-1-1979, p 49.
Vida persoal
Casou con Ketty Quintana Lacaci e foi pai de Lino, Kety, Luis, José, Juan Carlos e María Isabel Rodríguez Quintana.
Recoñecementos
Unha rúa en Cee leva o seu nome. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Concelleiros da Coruña Categoría:Concelleiros de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Presidentes da Deputación da Coruña
Categoría:Procuradores en Cortes galegos Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1919 Categoría:Finados en 1979