Jorge Moreno San Vidal, nado en Tres Cantos o 25 de xullo de 2001, é un futbolista español que xoga de defensa central no Cádiz, da Segunda División.
Traxectoria Xogou ao fútbol nas canteiras do Tres Cantos e do Aravaca, ata que se incorporou ao equipo xuvenil do Rayo Vallecano en 2018. En xullo de 2019 foi subido ao filial, da Terceira División.
O 12 de agosto de 2021, xa consolidado como titular habitual no equipo B, renovou o seu contrato ata 2023, e foi cedido á Cultural Leonesa, da Primeira Federación. Para a tempada 2022/23 foi cedido ao Córdoba.
No verán de 2023 fichou por Osasuna Promesas. O 11 de maio do ano seguinte debutou co primeiro equipo de Osasuna na Primeira División, substituíndo a Jesús Areso nun partido contra o Athletic de Bilbao en San Mamés.
Tras unha campaña cedido no FC Cartagena, en agosto de 2025 asinou un contrato de tres anos co Cádiz.
Notas
Categoría:Nados en 2001 Categoría:Nados na Comunidade de Madrid Categoría:Futbolistas da Comunidade de Madrid Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Rayo Vallecano B Categoría:Xogadores da Cultural Leonesa Categoría:Xogadores do Córdoba CF Categoría:Xogadores do CA Osasuna B Categoría:Xogadores do CA Osasuna Categoría:Xogadores do FC Cartagena Categoría:Xogadores do Cádiz CF