Rolf Martin Zinkernagel (nado o 6 de xaneiro de 1944) é un profesor de inmunoloxía experimental da Universidade de Zürich. Xunto con Peter C. Doherty, compartiu o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina de 1966 polo descubrimento de como o sistema inmunitario recoñece as células infectadas por virus.

Educación Zinkernagel obtivo o seu grao como doutor en medicina (MD) na Universidade de Basilea en 1970 e o seu doutoramento (PhD) da Universidade Nacional Australiana en 1975.

Carreira e premios Zinkernagel é membro do Consello Asesor Científico do Instituto para a Investigación do Cancro, a Academia Americana de Artes e Ciencias, a Academia Nacional de Ciencias, a Sociedade Filosófica Americana, e a Academia de Inmunoloxía do Cancro. Foi tamén elixido Membro correspondente da Academia Ausraliana de Ciencias en 1996.

Xunto co australiano Peter Charles Doherty recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina de 1996 polo descubrimento da forma en que o sistema inmunitario recoñece células infectadas por virus, converténdose no 24º premio Nobel suízo. En 1999 foi nomeado Camarada honorario da Orde de Australia (AC), que é a maior honra civil de Australia, polo seu traballo científico con Doherty.It's an Honour: AC

Os virus infectan as células hóspedes e reprodúcense dentro delas. As células T asasinas destrúen esas células infectadas para que os virus non se poidan reproducir. Zinkernagel e Doherty descubriron que para que as células T asasinas recoñezan as células infectadas, teñen que recoñer dúas moléculas na superficie da célula, é dicir, non só o antíxeno do virus, senón tamén unha molécula propia do complexo maior de histocompatibilidade de clase I (MHC I). O mediador deste recoñecemento dobre é o receptor da célula T (TCR). Aínda que as moléculas MHC foron coñecidas inicialmente como as que causaban o rexeitamento de transplantes, Zinkernagel e Doherty demostraron que o recoñecemento restrinxido do MHC I é tamén fundamental para o control inmune de virus, como no caso do virus da coriomeninxite linfocítico, establecendo un principio clave da inmunidade antiviral.* Rolf M. Zinkernagel en Nobel.org, incluíndo a conferencia Nobel de decembro de 1996 Recoñecemento celular inmune e papel biolóxico dos principais antíxenos de transplantes

Ademais do Premio Nobel, tamén gañou o Premio Cloëtta en 1981, o Premio William B. Coley do Instituto de Investigación do Cancro en 1987, o Otto-Naegeli-Preis en 1988 e o Premio de Investigación Médica Albert Lasker en 1995. En 1994 elixírono membro da Academia Leopoldina Alemá de Ciencias.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Rolf M. Zinkernagel en Nobel.org, incluíndo a conferencia Nobel de decembro de 1996 Recoñecemento celular inmune e papel biolóxico dos principais antíxenos de transplantes

Categoría:Nados en 1944 Categoría:Premios Nobel de Suíza Categoría:Inmunólogos de Suíza