Manuel Seijo Faílde, nado en Toén cara a 1900 e finado en Belmez (provincia de Córdoba) o 27 de xuño de 1937, foi un mestre e político galego.
Traxectoria Foi destinado como mestre interino a Monte Redondo (Padrenda) en decembro de 1934.El Pueblo Gallego, 7-12-1934, p. 9. Aprobou os cursos de selección do maxisterio en 1936.Gaceta de Madrid, 15-3-1936, p. 2113. Membro da Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 1 de agosto e ingresou na Prisión Provincial de Ourense.Libro rexistro de filiacións de reclusos de novo ingreso dos anos 1936 a 1937, 766 Trasladado á prisión de Celanova, ingresou o día 19.Do Furriolo á Poza das Ras Foi destituído como mestre a principios de agosto.La Región, 4-8-1936, p. 4.
Posto en liberdade, incorporouse á 2ª Bandeira do Terzo da Lexión de Talavera de la Reina na sección de Transmisións. Foi morto polos lexionarios na posición de Alcornosilla (Belmez) o 27 de xuño de 1937 cando o sorprenderon pasándose ao bando leal. Como consecuencia do proceso de depuración foi sancionado con inhabilitación para o desempeño de escolas en maio de 1940.La Región, 8-5-1940, p. 2. Vida persoal Casou con Purificación Pérez GómezLa Región, 8-6-1940, p. 2. e tivo dúas fillas, que tras estudaren Maxisterio traballaron como mestras.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Expediente persoal do excombatente Manuel Seijo Failde
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional Categoría:Nados en Toén Categoría:Nados en 1900 Categoría:Finados en 1937