Ambrosio Prada Vázquez, nado en San Xusto (Carballeda de Valdeorras) o 20 de decembro de 1897, foi un mestre e político galego.
Traxectoria Foi nomeado mestre de Casaio en 1929,El Pueblo Gallego, 18-4-1929, p. 11. de Vila en 1932,Galicia, 5-5-1932, p. 6. e trasladado a Piñor en 1934.El Pueblo Gallego, 14-9-1934, p. 9. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 1 de agosto e ingresou na Prisión Provincial de Ourense. Saíu en liberdade o 29 de setembro.Libro rexistro de filiacións de reclusos de novo ingreso dos anos 1936 a 1937, 769 Foi suspendido de emprego e soldo por tres meses a principios de agosto.El Pueblo Gallego, 4-8-1936, p. 7. Volveu ser detido, e foi liberado en decembro de 1937.La Región, 24-12-1937, p. 4. Como consecuencia do proceso de depuración foi sancionado con separación do servizo e baixa na escala en maio de 1940.La Región, 8-5-1940, p. 2. Revisado o seu expediente o 30 de xuño de 1952, foi reintegrado ao servizo e sancionado con traslado dentro da provincia, prohibición de solicitar vacantes durante cinco anos e inhabilitación para cargos directivos e de confianza.BOE, 23-11-1952, p. 5538.La Región, 26-11-1952, p. 4. Foi nomeado mestre de San Clodio (Leiro).La Región, 9-10-1957, p. 5. Notas
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Carballeda de Valdeorras Categoría:Nados en 1897 Categoría:Finados en ano descoñecido