David Carballo Criado, nado nas Pontes de García Rodríguez o 2 de marzo de 2006, é un futbolista galego que xoga na posición de centrocampista. O seu equipo actual é o Racing Club de Ferrol da Primeira Federación.
Traxectoria Con 6 anos comezou a formarse nas categorías inferiores do Club Deportivo As Pontes. En 2014 ingresou na base do Deportivo da Coruña e en 2022 uniuse ao equipo xuvenil do Racing Club de Ferrol.
En marzo de 2024 comezou a adestrar co conxunto sénior do club ferrolano. No verán dese mesmo ano foi o único xogador xuvenil convocado para a pretempada do primeiro equipo. O seu debut tivo lugar o 1 de novembro de 2024, nun encontro da Copa do Rei 2024/25 contra o CD Cuarte.
O 22 de novembro de 2024, David Carballo estreouse no fútbol profesional, entrando como substituto de Josué Dorrio nun partido de Segunda División contra o Levante. No verán de 2025 asinou a súa renovación co Racing de Ferrol para a campaña 2025/26 da Primeira Federación, ocupando unha das fichas sub-23.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas David Carballo en BDFutbol David Carballo en LaPreferente.com David Carballo en Soccerway
Categoría:Nados en 2006 Categoría:Nados nas Pontes de García Rodríguez Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Futbolistas das Pontes de García Rodríguez Categoría:Xogadores do Racing de Ferrol