Hugo González Sotos, nado o 7 de febreiro de 2003 en Valencia, é un futbolista valenciano que xoga na posición de extremo. Actualmente xoga no Celta de Vigo Fortuna da Primeira Federación.
Traxectoria Tras formarse na escola de fútbol CF Cracks, en 2010 incorporouse ás categorías inferiores do Valencia Club de Fútbol. O 12 de xaneiro de 2020 debutou co Valencia CF Mestalla, entrando como substituto nun partido de Segunda División B contra o Club Lleida Esportiu. En maio de 2021 renovou o seu contrato por dous anos máis e anotou o seu primeiro gol sénior nun encontro contra o CE L'Hospitalet.
O 18 de agosto de 2023 tivo lugar a súa estrea co Valencia Club de Fútbol nun partido contra a Unión Deportiva Las Palmas, sendo tamén o seu debut na Primeira División. En agosto de 2024 foi cedido ao Cartagena para xogar co equipo durante a Segunda División 2024/25.
O 3 de febreiro de 2025, Hugo González finalizou a súa cesión co Cartagena e comezou un contrato temporal co Celta de Vigo Fortuna da Primeira Federación. En xullo dese mesmo ano asinou definitivamente co club vigués por un total de tres tempadas.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Hugo González en BDFutbol Hugo González en LaPreferente.com
Categoría:Nados en 2003 Categoría:Nados en Valencia Categoría:Futbolistas da Comunidade Valenciana Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Valencia CF Mestalla Categoría:Xogadores do Valencia CF Categoría:Xogadores do FC Cartagena Categoría:Xogadores do Celta de Vigo B