Jordan Domínguez Rajó, nado o 31 de xaneiro de 1995 en Salvaterra de Miño, é un futbolista galego que xoga na posición de centrocampista. O seu equipo actual é o Céltiga Fútbol Club, na Terceira Federación.

Traxectoria Comezou a súa formación deportiva nas categorías inferiores do Celta de Vigo. En 2013 incorporouse ao Celta de Vigo B, naquel momento na Segunda División B. Disputou un total de 65 partidos e anotou 9 goles nas tres tempadas que xogou co conxunto vigués. O 19 de xullo de 2016 anunciouse o seu traspaso a outro equipo da mesma categoría, o Club Deportivo Toledo.

O 23 de agosto de 2017 asinou polo Real Murcia, tamén na Segunda División B. No verán de 2018 trasladouse a Finlandia para xogar co HJK durante unha tempada. Con este club alcanzou o campionato da Veikkausliiga, a máxima categoría da liga finlandesa.Veikkausliigan siirrot talvella 2018-2019, veikkausliiga.com, 23 de decembro de 2018

O 30 de xaneiro de 2019, Jordan Domínguez regresou á Segunda División B para incorporarse á UB Conquense. Tras xogar só tres partidos, marchou ese mesmo ano ao Niki Volos da Football League grega. En xullo de 2021 asinou pola Sociedade Deportiva Compostela, na Segunda Federación. Permaneceu tres tempadas no club galego, sumando un total de 78 encontros e 8 goles. A súa baixa produciuse en maio de 2024.

O 18 de xuño de 2024 comezou a xogar no Odra Opole, na Segunda División polaca. Tras finalizar contrato en decembro de 2024, asinou co Panargiakos FC a comezos de 2025, na Segunda Superliga de Grecia.

En setembro de 2025 anunciouse a súa fichaxe polo Céltiga Fútbol Club para competir na Terceira Federación.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Jordan Domínguez en BDFutbol

Categoría:Nados en 1995 Categoría:Nados en Salvaterra de Miño Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Celta de Vigo B Categoría:Xogadores do CD Toledo Categoría:Xogadores do Real Murcia Categoría:Xogadores da UB Conquense Categoría:Xogadores da SD Compostela Categoría:Xogadores do Céltiga FC