Emilia Cabaleiro Amoedo, nada en Redondela cara a 1882 e finada en Chapela o 16 de febreiro de 1937, foi unha labrega e política galega.
Traxectoria Veciña de Cabeiro, traballaba a terra co seu fillo Antonio Cabaleiro Amoedo. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 xunto co seu fillo procuraron agocho nunha cova de Porto Cabeiro para catro homes de Vigo e Lavadores: Fernando Castro Domínguez, Higinio Fernández Fernández, Antonio Alonso Comesaña e Manuel Vázquez Lamas. Delatada por un veciño, foi detida o 13 de febreiro de 1937 xunto co seu fillo. Torturada e mutilada, foi asasinada no Alto da Encarnación de Chapela con Higinio Fernández, Antonio Alonso Comesaña, Manuel Vázquez Lamas e o seu fillo Antonio o 16 de febreiro.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Emilia Cabaleiro Amoedo Na memoria de Emilia Cabaleiro Amoedo, asasinada en 1937
Expediente de poxa de bens mobles e enxoval incautados a Emilia Cabaleiro Amoedo e Antonio Cabaleiro (1937)
Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia
Categoría:Nados en Redondela Categoría:Nados en 1882 Categoría:Finados en 1937