Enrique Acuña Gómez, coñecido como Carabillón, nado en Vigo cara a 1904 e finado en Louredo (Mos) o 12 de xullo de 1937, foi un albanel e guerrilleiro antfranquista galego.
Traxectoria Albanel de Roris. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte. Integrouse na partida de fuxidos de Vicente Guillén Biel. Realizaron varios asaltos na comarca de Vigo. O 12 de xullo de 1937, nun enfrontamento coas forzas dedicadas a perseguir os fuxidos no monte dos Valos (Redondela) resultou morto xunto con Aureliano Souto Blanco; tamén foi abatido por Vicente Guillén o cabo falanxista Celestino González Mouriño.El Pueblo Gallego, 13-7-1937, p. 8. O seu cadáver apareceu en Louredo, na marxe esquerda da estrada de Redondela a Porriño.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas A resistencia armada: Vicente Guillén Biel.
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1904 Categoría:Finados en 1937