Xián de Toledo, nado en Toledo, c. 642 e finado ibídem o 6 de marzo de 690, foi un arcebispo, teólogo, poeta e historiador castelán da Hispania visigoda. É considerado santo pola Igrexa católica. Tivo un papel salientable na sociedade e na Igrexa católica visigoda, só comparable ao de santo Isidoro de Sevilla.Domínguez del Val, Diccionario de Historia Eclesiástica de España, pp.: 1259-60, (CSIC, 1972), apud
Traxectoria Nado no seo dunha familia xudía que xa se converteu cando el naceu, estudou na escola episcopal de Toledo e foi discípulo de Santo Uxío II de Toledo. Xián é o escritor máis prolífico da escola toledana e un dos máis importantes de temática relixiosa. Tamén realizou estudos teolóxicos cun depurado estilo literario moi superior ao do seu tempo. J. C. Martín, op. cit.
No plano político, Xián defendeu ao rei Wamba no seu escrito Historia do rei Wamba, que narra a unción real deste en 672 e a rebelión da Narbonense ao ano seguinte. Tamén era próximo ao rei Ervixio, ao que dedicou dúas das súas obras. Ervixio sucedeu a Wamba en 680, tras a súa deposición motivada pola penitencia que recibira sendo inconsciente.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Nados en 642 Categoría:Nados en Toledo Categoría:Personalidades do xudaísmo de España Categoría:Filósofos católicos Categoría:Venerados polas igrexas ortodoxas Categoría:Finados en 690