A fosfopanteteína, tamén chamada 4'-fosfopanteteína, é un grupo prostético de varias proteínas carrexadoras de acilos (ACP) de ácido graxo sintases, ACPs de policétido sintases, as proteínas carrexadoras de peptidilos (PCP), así como as proteínas carrexadoras de arilos (ArCP) de péptido non ribosómico sintetases (NRPS). ´Tamén está presente na formiltetrahidrofolato deshidroxenase.

Despois da expresión da proteína carrexadora de acilos apo, o resto de 4'-fosfopanteteína está ligado a un residuo de serina. O acoplamento implica a formación dun enlace fosfodiéster. Neste acoplamento funciona como mediadora a proteína carrexadora de acilos sintase (ACPS), unha 4'-fosfopanteteinil transferase.

O grupo prostético fosfopanteteína enlázase covalentemente co grupo acilo por medio dun enlace tioéster de alta enerxía. A flexibilidade e lonxitude da cadea de fosfopanteteína (aproximadamente 2 nm) permite que os intermediarios ligados covalentemente accedan espacialmente a distintos sitios activos do encima. Esta accesibilidade incrementa a molaridade efectiva do intermediario e permite un proceso de ensamblaxe en liña.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Ácido graxo sintase Ácido pantoténico

Categoría:Biomoléculas Categoría:Metabolismo Categoría:Tioles