Karl Ludwig von Littrow, nado en Kazán o 18 de xullo de 1811 e finado en Venecia o 16 de novembro de 1877, foi un astrónomo austríaco que dirixiu o Observatorio de Viena desde 1842 até o seu falecemento.
Traxectoria Naceu o 18 de xullo de 1811 en Kazán, fillo de Karoline von Ulrichsthal e de Joseph Johann von Littrow, quen naquel momento traballaba como profesor de astronomía no Imperio Ruso. O seu irmán Heinrich von Littrow era escritor e cartógrafo. En 1836, a familia von Littrow comezou a formar parte da nobreza austríaca co rango de edler.
Karl formouse como matemático e astrónomo na Universidade de Viena e na Universidade de Berlín. En 1831 comezou a traballar como axudante do seu pai no Observatorio de Viena e un ano despois recibiu o título de doutor na Universidade Iaguelónica de Cracovia. No ano 1842 sucedeu a Joseph Johann von Littrow como director do observatorio, un cargo que ocuparía o resto da súa vida. Baixo o seu liderado comezouse a construír en 1874 unha nova sede no distrito vienés de Währing. Porén, as obras só terminarían en 1879, anos despois do seu falecemento.Littrow, Karl Ludwig von Austria Forum
Karl traballou principalmente en estudos relacionados coa trigonometría, a meteoroloxía e a medición do arco terrestre. Entre os seus colaboradores frecuentes figuraban Otto Wilhelm von Struve e Edmund Weiss. En 1858 foi nomeado membro da Leopoldina. Tamén foi tradutor de George Biddell Airy e contribuíu a publicar unha nova edición de Physikalisches Wörterbunch, un dicionario popular de ciencias físicas escrito por Johann Samuel Traugott Gehler.Johann Samuel Traugott Gehler's Physikalisches wörterbunch OCLC WorldCat
No plano persoal, en 1839 casou con Auguste Bischoff, escritora e activista polos dereitos das mulleres. O seu fillo Otto dedicouse tamén á astronomía e á física. Cristoph Schönborn, cardeal da Igrexa católica, é tataraneto de Karl por vía materna.
Karl Ludwig von Littrow faleceu o 16 de novembro de 1877 en Venecia.
Legado
No ano 1878 acuñouse unha medalla de bronce en conmemoración de Karl Ludwig von Littrow, deseñada por Anton Scharff. No anverso figura un busto do astrónomo, mentres que no reverso aparece a nova sede do observatorio en construción.
En 1879, unha rúa próxima á nova sede do Observatorio de Viena, no distrito de Währing, foi denominada Littrowgasse na honra de Karl Ludwig von Littrow.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Oesterr. Gesellschaft für Münz und Medaillenkunde, Medaillen 1878 von A. Scharff. Ausgabe 1916 (PDF; 576 kB)
Categoría:Astrónomos de Austria Categoría:Finados en 1877 Categoría:Nados en 1811 Categoría:Membros da Leopoldina Categoría:Nados en Kazán