Eduardo de Góes Lobo, nado no Río de Janeiro o 29 de agosto de 1943 é un cantante, guitarrista e compositor brasileiro famoso baixo o nome curto de Edu Lobo. Participante do movemento da bossa nova e líder do subsecuente xénero post-bossa da MPB (Musica Popular Brasileira). No ano 2008 foi galardoado coa alta distinción artística da Ordem do Mérito Cultural.

Traxectoria Eduardo de Góes Lobo naceu no Río de Xaneiro, fillo do compositor e xornalista Fernando Lobo, quen o animou a dedicarse á carreira de músico. Con 27 álbums publicados, aportou composicións únicas para bandas sonoras en musicais e televisión.

Discografía

O primeiro título relevante da discografía do artista foi A música de Edu Lobo por Edu Lobo, gravado co Tamba Trio e editado en 1964. Ao ano seguinte, Edu compuxo a canción Arrastão (1965) – unha colaboración con Vinicius de Moraes (1913 – 1980) – que resultaría gañadora do primeiro Festival de Música Popular Brasileira na voz de Elis Regina (1945 – 1982), primeira parella sentimental de Edu Lobo. Dous anos despois, o propio Edu defendeu a exitosa composición "Ponteio" (1967) ao vivo no concurso – unha colaboración co letrista João Carlos Capinan.

A evolución continua do compositor quedou evidenciada nos cinco álbums – "Cantiga de longe" (1970), "Edu Lobo" (1973, disco coñecido como "Missa breve"), "Limite das águas" (1976), "Camaleão" (1978) e "Tempo presente" (1980) – publicados na década seguinte.

Compositor que domina a arte de crear melodías e harmonías, Edu xeralmente recorreu a colaboradores letristas como Aldir Blanc (1946 – 2020), Cacaso (1944 – 1987), José Carlos Capinan, Paulo César Pinheiro, Torquato Neto (1944 – 1972) e Vinicius de Moraes (1913 – 1980), o primeiro colaborador relevante, letrista de obras-primas como "Canto triste" (1966).

Do ano 1981 e o selo Philips/Polygram é o Edu Lobo & Tom Jobim "Tom & Edu". Un disco que volta ao esencial, na mesma liña que o álbum "Brasil" de João Gilberto dese mesmo ano. Lobo e Jobim están relaxados, os arranxos son austeros e céntranse en liñas de piano sinxelas e doces. "O Grande Circo Místico" (Som Livre, 1983) foi un conxunto suave de música incidental, pensado para interpretar ao vivo no teatro.

Con Chico Buarque, Edu compuxo a finais dos anos 1980 unha serie de cancións pautadas pola mestría de ambos. "Beatriz" (1983), "Choro bandido" (1985) e "Valsa brasileira" (1988) cancións que reciben a interpretación da cantante Mônica Salmaso, a escollida como cantante residente da banda de Lobo nas últimas décadas.

Do ano 1993 é o Edu Lobo "Corrupção", centrado na fusión jazz-pop.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas "Libera Nós", éxito musical de 1973 en YouTube.

Categoría:Músicos do Brasil Categoría:Nados no estado do Río de Xaneiro Categoría:Cantautores Categoría:Nados en 1943