María Teresa Bermúdez Montes, nada en Londres o 8 de novembro de 1969 e finada o 6 de decembro de 2025, foi unha profesora e crítica galega que centrou as súas investigacións na xeración literaria dos 50, tamén coñecida como da Nova Narrativa Galega.

Traxectoria Teresa Bermúdez estudou Filoloxía Galega na Universidade da Coruña e foi profesora na Universidade Autónoma de Barcelona e na Universidade de Vigo. En 2002 defendeu a tese de doutoramento na Universidade da Coruña, dirixida por Xosé María Dobarro Paz e titulada A nova narrativa galega: os intentos de renovación (1950-1971).

Traballou na edición crítica da obra dalgúns autores desa xeración con estudos que aportaron un coñecemento exhaustivo sobre obras con escasa atención crítica. Editou a obra de Gonzalo R. Mourullo e de Xohán Casal, analizou a narrativa de Xohana Torres e escribiu artigos sobre María Xosé Queizán e Carlos Casares. Posteriormente centrouse no estudo da narrativa breve máis recente e na obra poética de autores actuais como Lois Pereiro e Lupe Gómez. Obra Ten unha gran cantidade de artigos en diversas revistas e participou tamén en diversas publicacións entre as que destacan: 2002, Unha lectura de Adiós María de Xohana Torres. Vigo: Edicións Xerais ISBN 84-8302-753-4 2002, Nasce un árbore. Memorias de Tains, de Gonzalo Rodríguez Mourullo, Edición e estudo de Teresa Bermúdez Montes. Vigo: Edicións Xerais. ISBN 978-84-8302-641-0 2005, O Camiño de abaixo, de Xohán Casal. Edición e estudo de Teresa Bermúdez Montes. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-9782-281-1 2016, Letras escarlata. Estudos sobre a representación da menstruación. Teresa Bermúdez Montes e Mônica Heloane Carvalho de Sant’Anna (eds.). Berlín, Frank & Timme. ISBN: 978-3-7329-0241-5 Derivado deste libro, realizouse I Simposio Internacional Letras Escarlata. Muller, corpo e representación na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo.

Notas

Categoría:Nados en Londres Categoría:Nados en 1969 Categoría:Finados en 2025 Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña Categoría:Profesores da Universidade Autónoma de Barcelona Categoría:Profesores da Universidade de Vigo Categoría:Críticos literarios de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes