O Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) é un centro de investigación biomédica en Santiago de Compostela, vinculado ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS) e á Universidade de Santiago de Compostela. É un dos tres institutos de investigación sanitaria acreditados en Galicia polo Instituto de Saúde Carlos III, xunto co Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur e o Instituto de Investigación Biomédica da Coruña. Historia
Constituíuse o 31 de xaneiro de 2008 mediante un convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Universidade de Santiago de Compostela. Desde 2010, está acreditado como centro de investigación do Sistema Nacional de Saúde polo Instituto de Saúde Carlos III. O seu obxectivo é a mellora da saúde poboacional mediante o fomento da investigación traslacional, a docencia e a formación. En 2025 ten 113 grupos de investigación, organizados en 7 áreas de investigación: A001 Oncoloxía, A002 Xenética e Bioloxía de Sistemas, A003 Endocrinoloxía, Nutrición e Metabolismo, A004 Neurociencias, A005 Plataformas e Metodoloxía, A006 Cardiovascular e A007 Infectoloxía, Inflamación e Vacinas.
Notas
Categoría:Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Investigación médica Categoría:Sanidade en España