Sonia Eiras Penas, nada en Vila de Cruces en 1975, é unha bióloga galega e líder do grupo de investigación de cardioloxía translacional no Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS).

Traxectoria Doutorouse en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela en 2003. Realizou estancias postdoutorais na Universidade Libre de Ámsterdam e na Universidade de Florencia. No 2006 obtivo un contrato de estabilización de investigadores dentro do Programa Isidro Parga Pondal da Xunta de Galicia para incorporarse a traballar na Fundación do Hospital Clínico de Santiago e estudar marcadores do tecido graxo cardíaco. Ten publicado en revistas de alto prestixio internacional e dirixido múltiples teses doutorais ao longo dos anos.

Recoñecementos En 2026 recibirá o Premio Internacional Ramiro Carregal de Investigación en Cardioloxía polo seu proxecto "Medicina de precisión en pacientes con graxa epicárdica disfuncional asociada á enfermidade coronaria e ás valvulopatías máis frecuentes no noso medio".

Notas

Categoría:Nados en 1975 Categoría:Biólogos de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Vila de Cruces