Leiro é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro. Segundo o Padrón municipal, en 2022 tiña unha poboación de 1.522 habitantes. Isto representa unha diminución constante respecto ós anos 2015, (1.630 hab.), 2004 (1.940 hab.) e 2003 (1.967 hab.).
Demografía Censo Total 1.675 (2014) Menores de 15 anos 108 (6,45%) Entre 15 e 64 anos 974 (58,15%) Maiores de 65 anos 593 (35,4%)
Historia Xa no século VI existía nestas terras unha próspera comunidade agrícola. En 928 os condes Álvaro e Savita fundaron o mosteiro de San Clodio, cedido á Orde de San Bieito xunto con gando e terras nas marxes do río Avia. No século XIII incorporouse á Orde do Císter, época de máximo esplendor. No século XIX foi desocupado coa desamortización de Mendizábal.
Outras terras do concello foron administradas por Berán, Lamas, Serantes e Orega, condes de Ribadavia, e as terras de Gomariz pertencían ao mosteiro de Sobrado dos Monxes.
Patrimonio No concello atópase o mosteiro de San Clodio, do século VI, que na actualidade funciona como hotel-monumento de catro estrelas.
A arquitectura románica aparece nas igrexas parroquiais de Santa María de Lamas, San Tomé de Serantes (cun baldaquino gótico no seu interior), Gomariz e Lebosende (con fachada gótica do século XVI). A igrexa de San Breixo de Berán é barroca, do século XVIII, con restos renacentistas e un escudo dos Sarmiento na fachada. A capela de San Pedro, en Leiro, é de mediados do século XVII.
Patrimonio natural Salienta Pena Corneira, un espazo declarado monumento natural, con formacións rochosas senlleiras e un importante patrimonio natural.
Galería de imaxes
Parroquias
Lugares de Leiro Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Leiro vexa: Lugares de Leiro.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Leiro