Beade é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro, un dos máis pequenos en extensión e menos poboados de Galicia. Segundo o IGE en 2022 tiña 372 habitantes (500 en 2012, 557 en 2007, 553 no 2006, 559 no 2005, 578 no 2004, 576 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é .

Demografía

Censo total 397 (2019) Menores de 15 anos 29 (7.30 %) Entre 15 e 64 anos 224 (56.42 %) Maiores de 65 anos 144 (36.27 %)

Historia Na Idade Media a freguesía de Beade (que abranguía as parroquias de Abelenda (Avión), Beiro, Faramontaos, Muimenta (Carballeda de Avia), Orega, Berán (Leiro) e As Regadas), pertencía á Orde de San Xoán de Xerusalén, que exercía señorío a través dunha encomenda.

A Encomenda de Beade, que chegou a pertencer ao priorado de Castela, era no século XVIII a máis importante de Galiza xunto coa de Quiroga. A súa influencia aumentou nese mesmo século ao absorber a Encomenda de Pazos de Arenteiro, que pertencera á Orde do Temple, incorporando ás súas posesións o propio Pazos de Arenteiro, Albarellos Astureses (Boborás), Cusanca, Dadín, Parada de Labiote e Reádigos (O Irixo).

En 1809, durante a Guerra da Independencia Española a zona foi saqueada polos franceses. En 1823 sufriu outro saqueo, a mans dos realistas contrarios ós liberais desta zona. En xullo de 1836 a parroquia de Beade foi atacada por tropas carlistas baixo as ordes de Guillade e Pobadura, pero a agresión foi repelida coa axuda dos veciños das Regadas e Cenlle.

A mañá do 7 de outubro de 2013, a casa consistorial do Concello de Beade foi obxecto dun atentado que causou graves danos materiais, pero que non causou danos persoais.

Galería de imaxes

Parroquias

Nalgúns mapasEntre eles, os do Instituto de Estudos do Territorio e os do Instituto Geográfico Nacional:Ficheiro:Galicia250k Parroquial 400dpi comp9O.png Beade abrangue tamén a parroquia de San Cristovo de Regodeigón, que desde o primeiro terzo do século pertence a Ribadavia.

Lugares de Beade Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Beade vexa: Lugares de Beade.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Eleccións municipais en Beade

Categoría:Beade