Carballeda de Avia é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro. Segundo o padrón municipal, en 2014 tiña 1390 habitantes (1596 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é ou . (2016): 'Os xentilicios en galego' en Na universidade con seguridade , páx. 79. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-696-1
Demografía
Censo total 1390 (2014) Menores de 15 anos 84 (6,04 %) Entre 15 e 64 anos 735 (52,88 %) Maiores de 65 anos 571 (41,08 %)
Xeografía O concello ten 46 km² e abrangue oito parroquias. Está situado entre as serras do Faro e do Suído.
Historia Consérvanse restos da cultura castrexa no poboado de Coto da Moura. Durante a idade media e o antigo réxime a zona pertenceu aos condes de Ribadavia, Lemos e Monterrei., así como ós mosteiros de Celanova, Melón e Oseira.
Cultura
Toponimia Carballeda de Avia é un composto de Carballeda, derivado da palabra prerromana *CARVALIU co sufixo abundancial -eda, e Avia, o nome dun río e da terra que regaba. Avia contén seguramente a raíz hidronímica indoeuropea *AWER-, presente tamén en Avión.
Patrimonio
Patrimonio arquitectónico miniatura|esquerda|Casa do concello. A igrexa de Abelenda das Penas é de orixe románica, e estivo relacionada coa Orde do Temple. Preto dela hai un cruceiro do século XVII e restos romanos. No adro da igrexa de San Pedro de Beiro hai un cruceiro con pousadoiro. En Beiro destaca tamén a casa do Priorato.
A igrexa de Muimenta é románica, e nesta parroquia hai unha eira con numerosos canastros. A ermida da Nosa Señora do Lodairo é de estilo románico de transición a gótico, cun peto de ánimas próximo. A igrexa de San Miguel en Carballeda de Avia é barroca.
Patrimonio natural Salienta Pena Corneira, un espazo declarado monumento natural, onde atopamos formacións rochosas senlleiras e un importante patimonio natural.
Heráldica
O escudo heráldico do concello é partido e cortado, timbrado con coroa real. En campo de prata, unha carballeira de cor natural. En campo de azul, unha torre redonda de pedra superada dunha aguia voante de sable, picada e membrada de goles. En campo de ouro, unha serra de cor natural (pedra). Galería de imaxes
Parroquias
Lugares de Carballeda de Avia Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Carballeda de Avia vexa: Lugares de Carballeda de Avia.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Carballeda de Avia Categoría:Topónimos de concellos galegos con etimoloxía