O batey é o nome dado a un deporte de orixe taína que se practicaba nunha praza especial ao redor da cal os taínos do Caribe construían os seus asentamentos. Polo xeral era unha área rectangular rodeada de pedras con símbolos tallados (petróglifos). A bóla fabricábase con raíces e herbas e confeccionando unha masa redondeada e sólida, semellante á goma. Xogábase entre dous equipos parecido tamén ao fútbol, a bóla lanzábase ao aire e os competidores tiñan que evitar que a bóla caese ao chan do seu lado respectivo. Xogábase con 4 partes do corpo, as cales son: cabeza, xeonllos, coxas e cadrís. Os puntos anotábanse coa caída da bóla.Batú / juego de pelota - Consultado o 23-11-2012
O batey era a área na que os eventos do batey (p. ex. cerimonias, o xogo de pelota, etc.) tiñan lugar. A cerimonia do batey (tamén coñecida como batú) pódese ver dende algúns relatos históricos como máis un concurso xudicial que un xogo. Debido a que os relatos históricos do xogo e o espazo da corte proveñen de exploradores europeos (na súa maioría españois), a verdadeira natureza, historia e función do batey aínda se cuestiona. As tribos veciñas podían usar combates de batey para resolver diferenzas sen guerra.
Distribución Bateys atópanse en Turks e Caicos, Santa Cruz, República Dominicana, Bahamas, o leste de Cuba, Haití, e "o maior número de canchas de pelota coñecidas atópanse en Porto Rico e as Illas Virxes dos Estados Unidos".
Notas
Categoría:Pobo taíno Categoría:Deporte en Porto Rico Categoría:Cultura de Porto Rico