Caio Octavio ou Gaio Octavio (en latín: Gaius Octavius)Ningunha fonte antiga lle dá un cognomen. Un dos seus antepasados ​​tiña o apelido "Rufus", Cnaeus Octavius ​​​​Rufus, un cuestor arredor do ano 230 a. C. Ás veces foi usado (e as máis das veces ignorado) polos seus descendentes. nado en Velitrae (actual Velletri) cara o 100 a. C. e finado no 59 a. C., foi un oficial militar e senador romano, coñecido sobre todo por ser o pai biolóxico do emperador Augusto e de Octavia a Menor. Caio Octavio era membro dunha rica familia ecuestre da gens Octavia que foi o primeiro da familia en entrar no Senado polo que era considerado un homo novus ("home novo").Purcell (2003), p. 216

Traxectoria

Orixes familiares O seu avó, Caio Octavio, loitou como tribuno militar en Sicilia durante a Segunda Guerra Púnica, e o seu pai, tamén chamado Caio Octavio, foi un maxistrado municipal se adicou ás finanzas e que morreu moi ancián.Hinard, ed. (2000), p. 831. Era parente afastado de Cneo Octavio, o cónsul do ano 87 a. C. que liderou a oposición contra Lucio Cornelio Cinna.

Carreira política O cursum honorum comezou no ano 70 a. C. ao se converter en cuestor e resulta probable que, pouco despois no 64 a. C., fose edil plebeo,Broughton (1952), p. 162 máis non se coñece con seguridade. No ano 61 a. C., accedeu á pretura,Broughton (1952), p. 179 impoñéndose sobre numerosos senadores patricios.

Ao ano seguinte, como maxistrado propretorial, concedéuselle a administración como gobernador da provincia de Macedonia.Broughton (1952), p. 185 Mais, antes de marchar, ordenóuselle sufocar unha rebelión dos escravos de Thurii, na Magna Grecia, moitos dos cales acompañaran a Espártaco e Catilina. Octavio esmagou aos rebeldes e, seguramente, despois desta vitoria engadise o sobrenome "Thurinus" ao nome do seu fillo. Xa en Macedonia, demostrou as súas habilidades como administrador e líder militar, gañándose o afecto da cidadanía romana e derrotando á tribo tracia dos besios, polo que foi aclamado como imperator polas tropas.Broughton 1952, p. 191 Esta vitoria e a súa diplomacia, eloxiada por Cicerón,Suetonio. "The Lives of the Twelve Caesars. The Life of Augustus (3)". penelope.uchicago.edu (en inglés). p. 127. déronlle o apoio necesario para presentarse a un cargo consular.

No ano 59 a. C., morreu en Nola durante a súa marcha cara á capital. Numerosos autores suxiren que morreu na mesma habitación onde morrería máis tarde o seu fillo, o emperador Augusto.Tácito , Anales , I , 9, 1 A súa carreira foi resumida polo seu fillo nunha estela ergueita no foro:

Descendencia Casou en primeiras nupcias con Ancaria, da que se sabe pouco máis aló do seu nome, e coa que tivo unha filla, Octavia, a Maior. Tamén se descoñece a causa do remate do matrimonio, aínda que se cre que Ancaria puido morrer durante o parto.

Consciente de que a súa ascendencia non lle serviría para forxar unha carreira política, volveu casar coa sobriña de César, Acia. Non se sabe como se coñeceron, aínda que é probable que o encontro tivese lugar en Velitrae, xa que ambos vivían preto. Deste matrimonio naceron Octavia e Octavio, quen máis tarde foi adoptado por César e que se converteu no primeiro emperador co nome de Augusto. Algúns autores suxiren que Caio Octavio case abandonou o seu fillo Octavio ao nacer, pero no último momento decidiu quedar con el.Isto debíase a que era costume romano sentar o recén nacido diante do seu pai. Se era un neno e o pai quería quedárselo, acunábao; se era unha nena, o pai facíalle sinais á nai para que a alimentase. Se non, abandonábano na rúa.

Notas

Referencias

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Finados en -59 Categoría:Nados en Italia Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades da Roma antiga do século -II Categoría:Pretores Categoría:Cuestores Categoría:Edís plebeos Categoría:Gens Octavia