David Liebman nado en Brooklyn (Nova York) o 4 de setembro de 1946, é un afamado saxofonista tenor, soprano, frautista clarinetista e compositor de jazz americano. Durante a primeira metada dos 70 gravou en estudio con Miles Davis formando parte da súa banda en xira polo país, chegando a publicar no álbum de directos Dark Magus de Davis.
Traxectoria
Lieman comezou a estudar música por conta propia con Joe Allard entre 1962 e 1966 e, unha vez feita a base, perfeccionou a técnica ao saxofón con Charles Lloyd entre 1966 e 1968, á vez que cursaba estudos na Facultade de Historia. En 1970, foi membro do grupo «Ten Wheel Drive», logo tocou co batería Pete La Roca e de 1970 a 1973 co grupo de Elvin Jones. En 1972 colaborou no disco «On the Corner» con Miles Davis, quedando co trompetista entre 1973 e 1974, gravando varios discos en directo e participando en varios festivais.
Ao ano seguinte tocou e gravou no Xapón coa cantante Abbey Lincoln e en 1974 fundou xunto a outros músicos a «Free Life Communication» e finalmente consolidou a súa carreira cando dirixiu entre 1973 e 1976 o combo «Lookout Farm» con Richard Beirach ao piano, John Abercrombie á guitarra, Frank Tusa ou Gene Perla ao baixo, Jeff Williams á batería e Badal Roy á percusión. Xa na década dos oitenta gravou co, moi popular entre a crítica, contrabaixista danés Niels-Henning Ørsted Pedersen e os seus discos para varios selos discográficos comezaron a proliferar.
Discípulo en técnica de John Coltrane, a súa pulidísima dicción e a súa gran coherencia nos solos valéronlle o seu recoñecemento actual.
Discografía
2022: Truth and Honesty (Newvelle), con Ben Monder, John Hébert 2021: Dave Liebman & Richie Beirach: Empathy (Jazzline, caixa de 5-CD, grav. 2016–2020) 2019: Dave Liebman, Adam Rudolph, Hamid Drake: Chi (RareNoiseRecords) 2018: Michael Stephans, David Liebman, Marc Copland, Drew Gress: Quartette Oblique (Sunnyside) 2017: Dave Liebman & Joe Lovano: Compassion: The Music of John Coltrane (Resonance Records) Gary Hassay, Dave Liebman, William Parker, Tatsuya Nakatani: Deep Within (2017) 2015: Dave Liebman & Richie Beirach: Balladscapes (Intuition) 2014: Presents Ceremony (Chesky 2014, con Willy Rodriguez, Paolo Stagnaro, Gabo Lugo, Marcos López, Oscar Stagnaro) 2012: David Liebman & Ellery Eskelin: Non Sequiturs (HatOLOGY) 2009: Dave Liebman Group: Live at MCG (gravación de 1995) (MCG Jazz, con Phil Markowitz, Vic Juris, [Tony Marino, Jamey Haddad)AllAboutJazz do 4 de decembro de 2009: Recensión do álbum Live at MCG 2008: Dave Liebman & Enrico Intra Liebman meets Intra Contenuto (Alfa Music) 2005: Dave Liebman & Bobby Avey: Vienna Dialogues (Zoho Music) 2005: David Liebman, Richie Beirach, Ron McClure, Billy Hart: Redemption (HatHut Records) 2004: Dave Liebman Group: In a Mellow Tone (Zoho Music, con Vic Juris, Tony Marino, Jamey Haddad) 2003: Andreas Schmidt & Dave Liebman & Friends in Berlin (JazzHausMusik) 1990: David Liebman Quintet If They Only Knew (Timeless Records 1990, con Terumasa Hino, John Scofield, Ron McClure, Adam Nussbaum) 1986: The Loneliness of a Long Distance Runner (CMP Records, 1986; en solitario) 1986: David Liebman, Richard Beirach, Ron McClure, Billy Hart Quest II (Storyville Records) 1981: Dave Liebman, Richie Beirach, George Mraz, Al Foster Quest (Palo Alto Records)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Street Talk, canciòn a tres saxofóns de Liebman, Lovano e Osby, en youtube
Categoría:Nados en 1946 Categoría:Saxofonistas de jazz Categoría:Nados en Nova York