Para outros artigos de persoas co mesmo apelido, véxase a páxina de homónimos Roettiers
Norbert Roëttiers (ou Roettiers), nado probablemente en Anveres en 1665 ou 1666 e finado en Choisy-le-Roi, Val do Marne, Francia, foi un medallista e deseñador e gravador de moedas de orixe flamenga e activo en Inglaterra e en Francia.
Neste último país ocupou o cargo de gravador xeral de moedas desde 1704 ata a súa morte.
Traxectoria Norbert Roëttiers naceu probablemente en Anveres cara a 1665 ou 1666,Advielle, V. (1888). Páxina 187. o terceiro fillo de Catherine Prost e de John Roettiers, de quen aprendeu a arte do gravado da medalla.Lee, S. (ed.) (1897).Forrer, L. (1912). Páxina 183.
A partir de 1884 foi un dos axudantes do seu pai na Real Casa da Moeda de Londres, onde aquel ocupaba o posto de gravador xefe, e en 1690 foi xa contratado formalmente como gravador asistente na ceca londiniense, xunto co seu irmán máis vello, James (1663-1698), polo que ambos contribuíron ao gravado das derradeiras moedas inglesas da época, ás ordes do seu pai.
Norbert Roëttiers abandonou Inglaterra arredor de 1695 e uniuse en Francia, no castelo de Saint-Germain-en-Laye, aos Estuardo, familia para a que realizou varias medallas entre 1697 e 1720, así como para os seus segudrores.Vaillant, V. J. (1885). Páxina 7.Forrer, L. (1912). Páxinas 183-184. Baixo a protección do seu tío Joseph Röttiers, que gozaba daquela de gran prestixio en París como gravador xeral de moedas de Francia, puido acceder a un emprego na Monnaie de París, e mesmo chegou a crear os deseños e a labrar os cuños para unha coroa inglesa en 1709 coa efixie e os títulos do pretendente Xacobe III"1 Crown - James VIII Pattern". Numista.com —cuxo único espécime se acha no Museo Británico—,"Die (Body marked with R, impressed; an incised star.)". The British Museum (Britishmuseum.org). e para unha serie de moedas escocesas en 1716 co título como pretendente ao trono escocés de Xacobe VIII.Forrer, L. (1912). Páxina 184.Roëttiers non chegou a cuñar probas con estes cuños. Non foi ata 1828 cando se fixeron algunhas cuñaxes en proba, cos cuños orixinais. Véxase: "Norbert Roettiers. James VIII". Numista.com
O 17 de xaneiro de 1704 sucedeu con carácter vitalicio no posto de gravador xeral o seu tío Joseph, que finara un ano antes.Guiffrey, J. (1891). Páxina 323. En consecuencia, foi o creador dos cuños e moitas das moedas francesas emitidas a nome de Luís XIV (1643-1715)Vaillant, V. J. (1885). Páxina 6. e das primeiras series a nome de Luís XV (1715-1774)."Norbert Roettiers". Numista.com
En 1719 recibiu a carta de naturalización como francés, baixo o reinado de Luís XIV. O 31 de xaneiro de 1722 converteuse en membro da Academia Francesa de Pintura e Escultura.Guiffrey, J. (1891). Páxina 324.Guiffrey, J. (1891). Páxina 324.
Nas medallas da súa creación, Norbert Roëttiers adoitaba utilizar as súas iniciais "N. R." ou "N. R. F." a modo de marca de gravador.
Vida persoal e familiar Norbert Roëttiers casou con Elizabeth Isard e logo, en segundas nupcias, con Winfride Clark, filla dun inglés establecido en Saint-Germain. Tivo tres fillos e unha filla: Jacques, Jean, Élisabeth-Hélène e Jacques-Hubert.
Roëttiers finou na súa residencia de Choisy-le-Roi, Val do Marne, Francia, o 18 de maio de 1727. Logo do seu pasamento foi substituído no cargo de gravador xeral de moedas de Francia por Joseph-Charles Röettiers, fillo do seu predecesor Joseph Roëttiers.Forrer, L. (1912). Páxina 186.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Advielle, V. (1888). "Norbert Roettiers". En Revue de l'art français ancien et moderne. T. 4. Páxinas 187-188.
Bingen, J. (1952). Les Rottiers, graveurs en médaille des Pays-Bas Méridionaux. Palais des Académies, Bruxelas. Forrer, L. (1912). "Roettiers, Norbert". En Biographical Dictionary of Medallists. Vol V. Spink & Son, Londres. Páxinas 183-187. Guiffrey, J. (1891). "La monnaie des médaille [...] Roettiers, (Norbert)". En Revue Numismatique. Tomo 9. Páxinas 323-325. Lee, S. (ed.) (1897). "Roettiers, Norbert (1665 ?-1727)". En Dictionary of National Biography. Volume 49. Smith, Elder, & Co., Londres. Páxina 100. Vaillant, V. J. (1885). "Norbert Roëttiers graveur de monnaies et de médailles. Anvers 1666 (?)-Paris 18 mai 1727". En Revue de l'art français ancien et moderne. Páxinas 6-9. Villela-Petit, I. (2015). "Documents du Minutier central des notaires de Paris pour servir à l’histoire des Roettiers". En Revue Numismatique. Nº 172. Páxinas 193-228.
Outros artigos
Gravador Xeral de Moedas de Francia
Categoría:Nados en 1665 Categoría:Finados en 1727 Categoría:Nados en Anveres Categoría:Deseñadores de moeda de Francia Categoría:Personalidades do gravado