Olimpio Míguez Pazos, nado en Redondela o 8 de setembro de 1908 e finado en Mauthausen o 18 de abril de 1943, foi un exiliado galego deportado ós campos de concentración nazis. miniatura|200px|Stolperstein en memoria de Olimpio Míguez Pazos en Redondela.
Traxectoria Emigrou ó País Vasco en 1932, asentándose en Pasaia, onde rexentou xunto con seu irmán Ramón o bar Flor de Galicia no barrio de Trintxerpe. Tralo golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, que propiciou o inicio da guerra civil española, integrouse como gudari no Euzko Gudarostea para combater contra as forzas do bando sublevado.
Exiliouse en Francia trala derrota do bando republicano na guerra civil. O réxime franquista instaurado en España abreulle expediente de depuración ós irmáns Ramón e Olimpio Míguez Pazos e á taberna que rexentaban como membros destacados do Partido Socialista contrarios ó Movimiento Nacional.
Foi capturado polo exército alemán trala caída de Francia na segunda guerra mundial e enviado ó Stalag V-D, en Estrasburgo. Deportado ó campo de concentración de Mauthausen, onde ingresou o 13 de decembro de 1940. Segundo o rexistro, durante a súa estadía no campo pasou pola enfermaría en dúas ocasións para ser intervido dunha axila, falecendo finalmente na enfermaría o 18 de abril de 1943.
A comunicación oficial do deceso foi remitida polas autoridades francesas en outubro de 1950 á muller de seu irmán Ramón, con domicilio en Pasaia.
Vida persoal Estaba solteiro. Seus pais eran Josefa Pazos Barros e Juan Míguez Reboredo. Tiña sete irmáns, Teresa, Constante, Antonio, Manuel, Ramona, Juan e mais Ramón. En 1920 a familia residía no número 11 da rúa da Prata de Redondela. Seu irmán Constante perdeu a vida en Pasaia cando a embarcación na que ía embarcado foi ametrallada polo exército nazi no ano 1942. Sábese da existencia doutra irmá chamada Encarnación que morreu afogada con tres anos tras caer nun pozo en Arcade.
Recoñecementos O concello de Redondela, en colaboración co Colectivo Republicano de Redondela, colocou unha Stolperstein en memoria de Olimpio Míguez Pazos, así como en recordo de Antonio Piñeiro Otero, José González Vázquez e Alejandro Lafuente Pose, o único sobrevivente, todos eles redondeláns fuxidos do réxime franquista deportados ós campos de concentración nazis. No acto conmemorativo presentouse o libro da historiadora María Torres De Redondela a Mauthausen, no que se relata a historia dos deportados.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Nados en Redondela Categoría:Nados en 1908 Categoría:Finados en 1943 Categoría:Galegos finados en campos de concentración nazis Categoría:Galegos do País Vasco