Tomás Hermo González, nado na Pobra do Caramiñal (A Pobra do Caramiñal) o 28 de xuño de 1915 e finado no mesmo concello en 2005, foi un carpinteiro e político galego.
Traxectoria Militou nas Juventudes Socialistas dende os 15 anos. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu da Pobra do Caramiñal na evasión da Nueva Marujita o 4 de maio de 1937 chegando a Casablanca. Xulgado en Ferrol por adhesión á rebelión foi declarado en rebeldía e fóronlle embargados os seus bens. Pasou á Frota Republicana, estaba embarcado no cruceiro Libertad canto tivo lugar o combate co Baleares. Foi internado en Bizerta co resto da Frota Republicana e trasladado ao campo de Meheri Zebeus. Realizou traballo para os franceses en Bizerta e Mateus ata que enfermou.
Recoñecementos
En 2000 recibiu unha homenaxe na Pobra do Caramiñal."Con la libertad por bandera", La Voz de Galicia, Barbanza-Muros-Noia, 19-8-2000, p. 3.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Exilio galego Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados na Pobra do Caramiñal Categoría:Nados en 1915 Categoría:Finados en 2005