As linguas dhegiha son un grupo de linguas síux que inclúen a kansa–osage, omaha–ponca, e quapaw. A súa rexión histórica inclúe partes do vales dos ríos Ohio e Mississippi, as Grandes Planicies, e o sueste de Norteamérica. A historia compartida da migración dhegiha constituíu aos pobos dhegiha como grupo unido a finais do século XVII preto do confluencia dos ríos Ohio e Tennessee (o sur de Illinois e o oeste de Kentucky) que nese entón se movían cara o oeste cara o Río Missouri, e separçabase en afluentes diferentes. Con todo, algunhas tradicións orais e evidencias arqueolóxicas indican que os pobos falantes de dhegiha puideron ter migrado cara o oeste fóra do val do río Ohio moito antes.

As linguas dhegiha foron descritas e clasificadas por primeira vez como linguas síux por James Dorsey en 1885. Segundo Dorsey, "degiha" tradúcese como "pertencente ás persoas desta terra" ou "aqueles que residen aquí" en omaha-ponca. Outras variedades dialectais rexistradas por Dorsey coa mesma tradución inclúen "Ye-ga-ha" (kansa), "De-ka-ha" (osage), e "Ugapa" (quapaw).

O kansa e o osage son mutuamente intelixíbeis.Hardy, Heather K. and Scancarelli, Janine (2005) "Native American languages of the southeastern United States", p. 455. O mesmo ocorre entre o omaha e ponca.

A 2.º Reunión Anual Dhegiha en 2012 xuntou a falantes de kansa, quapaw, osage, ponca e omaha para compartir as mellores prácticas de revitalización lingüística.

Notas

Categoría:Linguas síux