miniatura Denomínase feldespato potásico a diversos minerais do grupo do feldespato que conteñen gran cantidade de potasio na súa rede cristalina.Cornelius S., Hurlbut JR., Cornelis Klein. Manual de Mineralogía de Dana. 3ª edición. Editorial Reverté. S.A:. Barcelona. Páxina 437.ISBN 84-291-4605-9. Son os seguintes: Ortoclasio ou ortosa (fórmula do membro final KAlSi3O8), un importante mineral tectosilicato que aparece en rochas ígneas. Microclina, quimicamente igual ao ortoclasio, pero con diferente estrutura cristalina. Sanidina, a forma de alta temperatura do feldespato potásico . Adularia, unha variedade de baixa temperatura máis ordenada do ortoclasio ou parcialmente desordenada da microclina. Amazonita, unha variedade verde da microcilna.

Aditivo alimentario O seu nome como composto químico é silicato de aluminio e potasio, e utilízase como aditivo alimentario co número E E555. En 2018 a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria (AESA/EFSA) iniciou estudos de reavaliación técnicos e toxicolóxicos sobre el.

En 2008, a microclina (xunto con outros compostos de aluminio) foron sometidos a unha Opinión Científica do Panel de Aditivos Alimentarios, Saborizantes, Axudas ao Procesamento e Materiais en Contacto cos Alimentos da EFSA.esquerda|miniatura|Feldespato (amazonita).

Notas

Categoría:Silicatos