O benga, tamén chamado boumba ou ndowé é un idioma do grupo das linguas bantús falado en zonas costeiras da rexión continental de Guinea Ecuatorial e Gabón.

É unha lingua estreitamente relacionada co bubi, falado na illa de Bioko, tamén en Guinea Ecuatorial.

Poboación A lingua é falada polo pobo benga. Son coñecidos como ndowé ou «de praia», un dos pobos da costa da Rexión Continental en Guinea Ecuatorial.

Tradicionalmente fálano pescadores costeiros. Todos os bengas e batangas considéranse a si mesmos como Boumba (usan o termo 'mba' para referirse a eles mesmos), e xunto con outros grupos étnicos conforman os Ndowé (os pobos de praia).

Na illa de Corisco, é usado por todos os estratos sociais. Lonxe da illa de Corisco é máis utilizado pola xeración de máis idade, e menos polos mozos. A maioría tamén usa o español e o francés, este último debido ao comercio con Gabón, un país francófono.

Notas

Categoría:Linguas bantús Categoría:Linguas de Gabón Categoría:Linguas de Guinea Ecuatorial